Tarot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tarot de Visconti Sforza
Unha versión artística-contemporánea das cartas de Tarot.

O tarot[1] é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Xogos da mesma familia con distintos nomes son tamén xogados noutros países de Europa central — na rexión do Selva Negra no sur da Alemaña, Suíza, Austria, Hungría e no norte da Italia. Dende o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e dende finais do século XIX integran o cerne do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia medieval.

Introdución[editar | editar a fonte]

As cartas de tarot xurdiron entre os séculos XV e XVI no norte da Italia, e foron creadas para un xogo de mesmo nome, que era xogado polos nobres e polos señores das casas máis tradicionais da Europa continental. O xogo é caracteristicamente un conxunto de setenta e oito cartas composto por vinte e un trunfos, un curinga e catro conxuntos de naipes con catorce cartas cada unha — dez cartas numeradas e catro figuras.

As cartas de tarot son moi usadas en Europa en xogos de cartas, como o tarocchini italiano e o tarot francés. Noutros países son usadas principalmente para a adiviñación. Os significados das adiviñas proveñen da cábala — vertente mística do xudaísmo — e da alquimia medieval.

Notas[editar | editar a fonte]