Saltar ao contido

Peaky Blinders

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Peaky Blinders

Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
EpónimoPeaky Blinders (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticodrama televisivo, drama histórico e serie de televisión policíaca Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aSteven Knight Editar o valor en Wikidata
Director/aDavid Caffrey Editar o valor en Wikidata
Compositor/aPJ Harvey, Anthony Green (pt) Traducir e Anna Calvi Editar o valor en Wikidata
GuionistaSteven Knight Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a vestiarioStephanie Collie (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalPeaky Blinders (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ambientado enBirmingham, Midlands Occidentais e Londres Editar o valor en Wikidata
Época ambientaciónperíodo de entreguerras Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeReino Unido Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoCaryn Mandabach (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraBBC Studios (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aBanijay UK Productions, The Weinstein Company e Netflix Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalBBC Two Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo12 de setembro de 2013 Editar o valor en Wikidata
Remate3 de abril de 2022 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora Editar o valor en Wikidata
Episodios36 Editar o valor en Wikidata
Tempadas6 Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeBirmingham, Bradford, Dudley (pt) Traducir, Leeds, Liverpool, Keighley (pt) Traducir, Bolton, Wigan (pt) Traducir, Manchester, Stockport e Londres Editar o valor en Wikidata
Premios
Composto por
Contacto
Páxina WEBbbc.co.uk… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt2442560 Filmaffinity: 539830 Allocine: 11303 Rottentomatoes: tv/peaky_blinders Metacritic: tv/peaky-blinders TV.com: shows/peaky-blinders
Facebook: PeakyBlinders Twitter: thepeakyblinder Instagram: peakyblindersofficial Netlix: 80002479 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Peaky Blinders é unha serie de televisión británica emitida na canle BBC Two. O seu creador é o escritor británico Steven Knight e está protagonizada polo actor Cillian Murphy. A trama principal da serie é a vida dunha familia de gánsters de orixe xitana de Birmingham na década de 1920.

Os creadores da serie inspiráronse nos Peaky Blinders, unha banda criminal do Birmingham de finais do século XIX, que se di que levaban cosidas navallas nas súas boinas que logo utilizaban como armas.

O nome de Peaky Blinders non ten unha tradución exacta, pero a que máis se lle asemella é Os cegadores con boina.[1] Esta banda criminal existiu na realidade a finais do século XIX. A serie relata a súa historia de forma anecdótica e ficticia, aínda que tamén mestura feitos históricos.[2]

De cara finais do século XIX, Birmingham pasaba por un momento de crise e pobreza. Debido a esta desesperada situación, o crime semellaba a única saída para os máis novos da época; polo que se crearon diversas bandas criminais. [2] As pelexas, roubos, asasinatos, etc convertéronse en algo habitual. En pouco tempo, a banda dos Peaky Blinders converteríase nunhas das máis famosas e temidas. Estaba composta por irlandeses con orixe xitano e o seu barrio era o de Small Heath.

Os integrantes máis relevantes da banda foron David Taylor, Earnest Haynes, Harry Fowles, Stephen McNickle e Thomas Gilbert[3]

Na serie o líder é Thomas Shelby, pero na realidade a banda non estaba liderada por unha única familia[2] e non hai constancia do apelido da familia Shelby como xefes dos Peaky Blinders.

  • Cillian Murphy é Thomas Shelby; o xefe da banda. Heroe de guerra, ambicioso, e líder nato.
  • Sam Neill é o inspector xefe Chester Campbell. Policía que chega a Birmingham co fin de cumprir unha misión.
  • Helen McCrory é a tía Polly Gray. A líder feminina da familia Shelby.
  • Annabelle Wallis  interpreta a Grace Burgess, unha moza irlandesa que chega á vila cun pasado misterioso e escuro.
  • Paul Anderson é Arthur Shelby. O irmán máis vello da familia. É impredicible, apaixonado e unha bomba de reloxería.
  • Sophie Rundle  é Ada Shelby, a irmá máis nova da familia. Mantén un romance secreto cun inimigo da familia, Freddie Thorne.
  • Joe Cole interpreta a Jonh Shelby. É o irmán máis novo da familia.
  • Tom Hardy é Alfie Solomons. Chega a serie misteriosamente como líder dunha banda criminal xudía.
  1. Mariño, Henrique (28/6/2017). "Estos son los verdaderos Peaky Blinders". Público. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Documentalium: Los verdaderos Peaky Blinders, la banda real que inspiró la serie". Documentalium. 4/9/2017. Consultado o 22/4/2019. 
  3. Blanco, Santiago (17/4/2018). "La historia real de los “Peaky Blinders”, la banda que inspiró la serie del momento". Vía País (en castelán). Consultado o 17/5/2019.