Saltar ao contido

Abbey Theatre

Abbey Theatre

Tipocompañía de teatro Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 53°20′54″N 6°15′26″O / 53.348333333333, -6.2572222222222
EstadoIrlanda
ProvinciasLeinster
CondadosDublin City (en) Traducir
Cidade grandeDublín Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDublín Editar o valor en Wikidata
RúaAbbey Street (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enderezo26 Lower Abbey Street, Dublin Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación27 de decembro de 1904 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBabbeytheatre.ie Editar o valor en Wikidata
RedesIBDB: 93688 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Abbey Theatre ou Amharclann na Mainistreach en irlandés (en galego Teatro da Abadía), tamén coñecido como Teatro Nacional de Irlanda ou Amharclann Náisiúnta na hÉireann, é un teatro da cidade de Dublín, Irlanda. Abriu por primeira vez as súas portas ao público o 27 de decembro de 1904, e a pesar de perder o seu edificio orixinal logo dun incendio en 1951, continuou presentando obras con máis ou menos continuidade ata o presente. O Abbey foi o primeiro teatro subsidiado polo estado no mundo angloparlante; dende o ano 1925 recibiu un subsidio anual do Estado Libre Irlandés.

Nos seus primeiros anos, o teatro estaba fortemente asociado aos escritores do renacemento celta, moitos dos cales se involucraron na súa fundación, e a meirande parte deles presentaron as súas obras alí. O Abbey Theatre foi a escola de moitos dos escritores irlandeses destacados do século XX. Ademais, a través do seu extenso programa de xiras e a súa gran visibilidade no estranxeiro, particularmente de audiencias norteamericanas, converteuse nunha parte importante da industria turística de Irlanda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]