Niki de Saint Phalle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Niki de Saint Phalle
Niki de Saint Phalle (1964) by Erling Mandelmann.jpg
Niki de Saint Phalle en 1964. Foto de Erling Mandelmann
Nome completo Catherine-Marie-Agnès Fal de Saint Phalle
Data de nacemento 29 de outubro, 1930
Lugar de nacemento Neuilly-sur-Seine, Hauts-de-Seine Flag of France.svg Francia
Data de falecemento 21 de maio, 2002 (71 anos)
Lugar de falecemento San Diego, California Estados Unidos de América Estados Unidos
Área Pintura, escultura, cinema
Educación Brearley School, Oldfields School

Catherine-Marie-Agnès Fal de Saint Phalle, máis coñecida como Niki de Saint Phalle, naceu en Neuilly-sur-Seine, Hauts-de-Seine, Francia o 29 de outubro de 1930 e faleceu o 21 de maio de 2002 en San Diego, California, EUA. Foi unha escultora, pintora e directora de cinema.

Biografía[editar | editar a fonte]

Filla da estadounidense Jeanne Jacqueline (antes Jeanne Harper) e do banqueiro francés o conde André-Marie Fal de Saint Phalle emigrou coa súa familia aos Estados Unidos en 1933. Despois de ser expulsada por pintar follas de parra vermellas na estatuas da prestixiosa Brearley School gradouse en Oldfields School, Glencoe, Maryland en 1974. Durante a súa adolescencia traballa como modelo viaxando e aparecendo en portadas de revistas como Life (26 de setembro de 1949) ou Vogue Paris (novembro de 1952).

Tras fuxir co escritor Harry Mathews, co que tería unha filla e un fillo (Laura, 1951, e Philip, 1955), múdase a Cambridge, Massachusetts. É entón cando comeza a experimentar con materiais e estilos de pintura.

Nunha das súas viaxes como modelo a París coñece ao pintor Hugh Weiss, que se converterá no seu amigo e mentor e a animará a seguir pintando, en contra da opinión da súa familia.

Máis tarde viviría en Deià, Mallorca onde lería a obra de Proust e coñecería o traballo de Gaudí, que a influiría notablemente (en especial o Parc Güell).

A principios da década de 1960 crea as Shooting Paintings (en galego, Pinturas disparadas), bolsas de plástico cheas de pintura con forma humana cubertas de xeso e que lanzaba para rompelas e crear imaxes.

En 1964 comeza a súa serie Nanas, que consiste en figuras femininas de formas voluptuosas e vivas cores. En 1966 realiza a maior escultura dun corpo de muller da historia, Hon (ela, en sueco), dentro da serie Nanas. Dado o carácter revolucionario da peza foi instalada en segredo no Moderna Museet, en Estocolmo, Suecia, o que non evitou que fora retirada no mesmo día da súa inauguración. A escultura estaba decorada con vivas cores no estilo da autora e accedíase ao interior pola vaxina da figura deitada, podendo despois subir ata o bandullo.

En 1979 inicia a construción do parque de esculturas Il Giardino dei Tarocchi (en galego, O xardín do Tarot), en Pescia Fiorentina, na Toscana, a semellanza do Parc Güell de Gaudí e outros. Abriuse ao público en 1998.

Saint Phalle morreu dun enfisema pulmonar en San Diego, California, en 2002. Sufría problemas respiratorios debido ás emanacións dos produtos cos que traballaba no seu estudio.

Obras[editar | editar a fonte]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 'Firebird' Finds its Nest at the Bechtler Museum of Modern Art, por Sarah Gay, Charlotte Viewpoint, Retrieved 11-6-2009