Dorothea Tanning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDorothea Tanning

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1910 Editar o valor em Wikidata
Galesburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xaneiro de 2012 Editar o valor em Wikidata (101 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAmericanos brancos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónKnox College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York
París
Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , ilustradora , litógrafo , deseñadora , deseñadora de xoias , escenógrafa , artista , autobiógrafa , novelista , escultora , poeta , escritora , gravadora , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1935 Editar o valor em Wikidata - 2011 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte figurativa e Surrealismo Editar o valor em Wikidata
MovementoSurrealismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Participou en
2009Von Picasso bis Warhol Künstlerschmuck der Avantgarde (pt) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
De Calder à Koons, Bijoux d'Artistes, La Collection Idéale de Diane Venet (pt) Traducir
Medusa, Bijoux et tabous (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMax Ernst (1946–1976) Editar o valor em Wikidata

Páxina webdorotheatanning.org Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: f6e89d52-6a61-4e7e-ba80-1a48b9681515 Discogs: 2413125 WikiTree: Tanning-1 Find a Grave: 84351673 Editar o valor em Wikidata

Dorothea Tanning, nada en Galesburg o 25 de agosto de 1910 e finada en Nova York o 31 de xaneiro de 2012, foi unha pintora, escultora e escritora norteamericana. Tamén deseñou escenarios e figurinos para balé e teatro.

Biografía[editar | editar a fonte]

Dorothea naceu en 1910, no estado de Illinois, filla de inmigrantes suecos.[1] A paixón pola literatura e pola pintura comezaron na mocidade. Aos 15 anos, pintou o seu primeiro cadro, no cal ilustraba unha muller núa con follas no lugar de cabelos, o que tería horrorizado a toda a súa familia.[1] Estudou no Knox College, en Galesburg, Illinois, durante dous anos (1928-30), e aos 20, mudouse para Chicago, capital do estado. Alí, traballou como modelo para pintores mentres tamén comezaba na carreira como ilustradora.

Despois, mudouse para Nova York, en 1936. Na mesma época, a exposición, Fantastic Art, Dada and Surrealism, no Museo de Arte Moderna (MoMA), axitaba a escena cultural da cidade e nela descubriu o movemento Surrealista.[2] Inspirada, vai a París, cidade central do surrealismo, cando descobre que a maior parte dos artistas fuxiran para outros países para escapar da segunda guerra mundial (1939-1945). Ao final de 1941, retorna a Nova York e pasa de novo a traballar como ilustradora freelance.[3] Un dos seus clientes, director de arte da tenda de departamentos Macy's, para a cal producía carteis de propaganda de moda, presentouna a Julien Levy, dono dunha das poucas galerías de arte da cidade.[4] Aínda que so presentou dúas pezas, el comprometeuse a expor o traballo de Tanning na súa galería.[1] Foi por medio del que coñeceu os surrealistas da cidade, entre eles, o pintor alemán Max Ernst.[5]

Pouco tempo despois do encontro, Ernst visitouna no seu estudo e marabillouse con Birthday (1942, Museo de Arte da Filadélfia), e resolveu incluílo na exposición que estaba montando coa súa esposa, Peggy Guggenheim, dedicada a artistas mulleres surrealistas. Especúlase que a relación de Ernst e Guggenheim terminou só tres semanas despois da visita, cando o alemán pasa a morar con Tanning.[1][6] Os dous casaron en 1946, nunha dupla cerimonia co tamén pintor americano Man Ray e a danzarina Juliet Browner, cando visitaban a parella en Os Ánxeles.[3][5]

Co fin da guerra, a parella decide se mudar para Sedona, no estado do Arizona, e en 1952, múdanse definitivamente para a Francia, onde dividían o tempo entre París e a provincia de Touraine. A relación durou até a morte de Ernst en 1976, debido a un infarto que sufriu o ano anterior. Soamente en 1980 Tanning completa a súa mudanza de volta a Nova York,[7] onde continuou a desenvolver a súa arte, principalmente a escrita, e onde viviu até a súa morte, aos 101 anos.[3]

Carreira artística[editar | editar a fonte]

A pesar de estudar na Academia de Belas Artes de Chicago durante tres semanas en 1930,[8] Tanning pode ser considerada unha artista autodidacta.[9] A artista é frecuentemente descrita como unha pintora surrealista, principalmente pola temática surreal das súas obras dos anos 1940 e a amizade con artistas e escritores do movemento. Con todo, desenvolveu estilo propio no curso dos 60 anos de carreira artística.

As primeiras obras de Tanning – pinturas como Birthday e Eine kleine Nachtmusic (1943, Tate Modern, Londres) – simulaban experiencias oníricas. Así como outros pintores surrealistas, a súa atención nos detalles e a construción do escenario era meticulosa, con pinceladas case imperceptíbeis. En 1943, Tanning foi incluída na exposición de Peggy Guggenheim Exhibition by 31 Women na galería Art of This Century en Nova York.[10] Durante a década, continuou a pintar representacións doutras escenas irreais, a algunhas das cales incorporáballes temáticas eróticas a simboloxía enigmática e un escenario desolador. Durante este período formou amizades como o pintor Marcel Duchamp, o cineasta Joseph Cornell e o compositor John Cage, entre outros. Tamén deseñou os escenarios e figurinos dalgunhas pezas de balé do coreógrafo George Balanchine, incluíndo The Night Shadow (1945), que foi presentada na antiga Metropolitan Opera House, en Nova York, da peza Judith, de Jean Giradoux, presentada en 1961, alén de aparecer en dous filmes de Hans Richter, Dreams that money can buy (1943) e 8x8 (1957).[7]

Na década seguinte, a pintura de Tanning tornouse menos explícita e máis suxestiva. Agora traballando en París e Huismes, en Francia, comezou a se distanciar do surrealismo e a desenvolver o propio estilo. En torno á metade da década de 1950 o seu traballo mudou radicalmente e as súas pinturas tornáronse máis fragmentadas e prismáticas, como pode ser visto en traballos como Insomnias (1957, Moderna Museet, Estocolmo).

Xa ao final dos anos 1960, as pinturas de Tanning eran completamente abstratas, aínda que sempre suxerían a forma feminina. De 1969 a 1973, Tanning dedicouse a un traballo tridimensional de esculturas feitas con tecido, cinco das cales compoñen a instalación Hôtel du Pavot, Chambre 202 (1970-73), que agora pertence á colección permanente do Museo Nacional de Arte Moderna do Centro Georges Pompidou, en París. Durante o período en que viviu en Francia, nas décadas de 1950 e 70, Tanning tamén experimentou producir estampas. Traballou nos taller de Georges Visat e Pierre Chave e colaborou nunha serie de edicións limitadas de libros dos poetas Alain Bosquet, René Crevel, Lena Leclerq e André Pieyre de Mandiargues.[11] Despois da morte do marido, en 1976, Tanning permaneceu en Francia por algúns anos máis, con dedicación á pintura renovada. Estes anos incluíron unha experimentación de cinco anos máis facendo esculturas con tecido.[12] Ao redor de 1980, trasladara casa e estudo de volta a Nova York. O período significou máis unha guinada creativa, na cal produciu pinturas, deseños, colaxes e impresións.

O traballo de Tanning foi recoñecido en decenas de exposicións nos Estados Unidos e na Europa, incluíndo retrospectivas en 1974 no Centre National d'Art Contemporain en París (que se tornou o Centre Georges Pompidou en 1977), e en 1993 na Malmö Konsthall, en Malmö, na Suecia, e no Camden Art Center en Londres, Inglaterra. A Biblioteca Pública de Nova York presentou unha retrospectiva das súas impresións en 1992,[11] e o Museo de Arte da Filadelfia organizou, en 2000, unha pequena exposición, Birthday and Beyond, para marcar a adquisición da máis celebrada pintura de Tanning, Birthday.[7]

O centenario de Tanning, en 2010, estivo marcado por unha serie de exposicións dedicadas á súa obra no The Drawing Center, en Nova York,[13] no Museo Max Ernst, en Brühl, Alemaña,[14] na Galería Bel'Art, en Estocolmo, Suecia,[15] e na Maison Waldberg, en Seillans,[16] e l'Espace d'Art, en Rennes les Bains,[17] ambas en Francia.

Carreira literaria[editar | editar a fonte]

Tanning escribiu historias e poemas durante toda a vida, tendo o seu primeiro conto publicado na revista VVV en 1943. Algúns poemas orixinais acompañaban gravados, como na edición limitada dos libros Demain (1964)[18] e En chair et en or (1973).[19] Con todo, foi no seu retorno a Nova York os anos 1980 que comezou a centarse na escrita. En 1986, publicou a primeira autobiografía, Birthday.[20] O libro foi traducido a catro idiomas. En 2001, publicou unha versión expandida da obra, chamada Between Lives: An Artist and Her World.[5]

Co incentivo do seu amigo e mentor James Merrill, que formaba parte da Academia de Poetas Americanos, Tanning comezou a escribir poesía autoral. Os seus poemas eran frecuentemente publicados en revistas literarias e de crítica como The Yale Review, Poetry, The París Review e The New Yorker, até o final da súa vida. Unha colección de poemas, A Table of Content,[21] e unha novela, Chasm: A Weekend,[22] foron publicados en 2004. Unha segunda colección de poemas, Coming to That,[23] foi publicada pola Graywolf Press en 2011. 

En 1994, Tanning contribuíu na creación do premio Wallace Stevens da Academia de Poetas Americanos. A súa convocatoria é anual e selecciona un/ha poeta americana/o, está dotado con 100000 dólares en recoñecemento á súa contribución á arte.[7][24]

Coleccións públicas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Wood, Gaby (2004-08-15). "'I've always been perverse'". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. 
  2. Masters, Christopher (2012-02-02). "Dorothea Tanning obituary". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Dorothea Tanning - Artists - Kent Fine Art". www.kentfineart.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2017. Consultado o 2017-09-24. 
  4. "The Art Story: Gallery - The Julien Levy Gallery". www.theartstory.org. Consultado o 2017-09-24. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Tanning, Dorothea (2001). W.W. Norton, ed. Between Lives: An Artist and Her World. Nova York. 
  6. "Bonhams : Max Ernst paintings from the collection of Dorothea Tanning lead the New York sale". www.bonhams.com. Consultado o 2017-09-24. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Chronology". www.dorotheatanning.org. Consultado o 2017-09-24. 
  8. Tanning, Dorothea; Bailly, Jean Christophe; Morgan, Robert C. (1995-08-01). Dorothea Tanning (en inglés) (1st edition ed.). Nova York, NY: George Braziller. ISBN 9780807614020. 
  9. Press, Editors of Phaidon (1999-03-25). Phaidon Press, ed. The 20th Century Art Book (en inglés) (Reprint edition ed.). Londres. ISBN 9780714838502. 
  10. Pollock, Griselda; D'Souza, Aruna (2010-06-30). Butler, Connie; Schwartz, Alexandra, eds. Modern Women: Women Artists at The Museum of Modern Art (en inglés) (First Edition edition ed.). Nova York, NY: The Museum of Modern Art, Nova York. ISBN 9780870707711. 
  11. 11,0 11,1 Waddell, Roberta (Maio 1992). New York Public Library, ed. Dorothea Tanning: Hail, Delirium! a Catalogue Raisonne of the Artist's Illustrated Books and Prints, 1942-1991 (en inglés). New York, NY. ISBN 9780871044303. 
  12. "Dorothea Tanning". www.dorotheatanning.org. Consultado o 2017-09-24. 
  13. "The Drawing Center | Exhibitions-Past | New York, NY". 2010-09-19. Archived from the original on 19 de setembro de 2010. Consultado o 2017-09-24. 
  14. ""zwischen dem inneren Auge und der anderen Seite der Tür“ Dorothea Tanning zum 100. Geburtstag – Grafiken | Kalender | Monopol - Magazin für Kunst und Leben". archiv.monopol-magazin.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 2017-09-24. 
  15. "Galerie Bel'Art - Stockholm". www.belart.se. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2017. Consultado o 2017-09-24. 
  16. éditrice, Chantal Vieuille,. "25 août 2010, centenaire de Dorothéa Tanning, peintre - Le livre à la carte". Le livre à la carte (en francés). 
  17. "Espace d'Art, Galerie de Rennes les Bains, Aude, France - Expositions 2010". www.audeculture.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2019. Consultado o 2017-09-24. 
  18. "Untitled for Demain (Tomorrow) - Dorothea Tanning". www.dorotheatanning.org. Consultado o 2017-09-25. 
  19. "En chair et en or - Dorothea Tanning". www.dorotheatanning.org. Consultado o 2017-09-25. 
  20. Tanning, Dorothea (agosto de 1987). Lapis Pr, ed. Birthday (en inglés). Santa Monica, CA. ISBN 9780932499165. 
  21. ""A Table of Content" - Dorothea Tanning". www.dorotheatanning.org. Consultado o 2017-09-25. 
  22. "Chasm - Dorothea Tanning". www.dorotheatanning.org. Consultado o 2017-09-25. 
  23. ""Waiting" - Dorothea Tanning". www.dorotheatanning.org. Consultado o 2017-09-25. 
  24. "Dorothea Tanning, artist and poet, dies at 101". Washington Post. Consultado o 2017-09-25.