Superstar (canción de Delaney and Bonnie)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

"Superstar" é unha canción de 1969 composta por Bonnie Bramlett e Leon Russell que se converteu nun éxito interpretada por moitos artistas de distintos xéneros ao longo dos anos, destacando as versións de The Carpenters en 1971 e Luther Vandross en 1983.

Versión orixinal de Delaney and Bonnie[editar | editar a fonte]

As versións sobre a orixe da canción adoitan variar, pero o tema xudiu a finais dos 60 ou principios dos 70 da man dos artistas ingleses e estadounidenses coñecidos coma Delaney & Bonnie and Friends, formados por Delaney e Bonnie Bramlett, Leon Russell, Eric Clapton e algúns outros. O seu nome inicialmente era "Groupie Song".

Na súa primeira encarnación gravada, a canción chamouse "Groupie (Superstar)", e gravouse e editouse como unha cara-b do sinxelo de Delaney & Bonnie "Comin' Home" en decembro de 1969. Lanzada polo selo Atlantic Records, apareceía acreditada a Delaney & Bonnie and Friends con Eric Clapton.

Estaba cantada por Bonnie, e o seu arranxo contaba cunha guitarra lenta e un baixo construído sobre un coro case gospel usando instrumentos de vento-metal.

Versión de Mad Dogs and Englishmen[editar | editar a fonte]

Durante a primeira metade de 1970, a lendaria xira de Joe Cocker Mad Dogs and Englishmen Revue percorreu os Estados Unidos. A ex-vocalista de Delaney and Bonnie Rita Coolidge foi corista nesta xira, e o co-compositor Leon Russell foi o líder da banda. Algunhas fontes sosteñen que Coolidge suxeriu ou inspirou a creación da canción nun primeiro momento, e que traballou con Bonnie Bramlett na súa parte da composición. En calquera caso, Coolidge fixo voces na canción durante a xira; cun aire máis resignado nos versos, pero cun estribillo máis angustioso. O arranxo foi impulsado pola liña evocativa de piano de Russell mesturado con dinámicos recheos, con ventos e guitarra e un coro por detrás.

En agosto de 1970 editouse o álbum en directo Mad Dogs and Englishmen, usando actuacións gravadas en marzo e xuño dese ano. A canción, agora co nome "Superstar" (que adoptara cara o final da xira), apareceu nel. O álbum foi todo un éxito, acadando o número 2 na lista de álbums de pop da Billboard, e número 23 na lista Billboard Black Albums. Así que foi con ese álbum co cal a xente comezou a tomar conciencia da canción. A interpretación do tema fixo que Coolidge gañase fama, especialmente cando fi incluída na película de 1971 Mad Dogs and Englishmen.

Versión de Bette Midler[editar | editar a fonte]

A descoñecida cantante Bette Midler comezou a realizar aparicións regulares no The Tonight Show de Johnny Carson en agosto de 1970. Durante unha desas aparicións cantou "Superstar" cun discreto arranxo consistente unicamente nun piano de acompañamento.

Posteriormente, unha vez que a versión de The Carpenters se convertera nun hit, cantouna novamente no programa en outubro de 1971. A gravación apareceu no seu álbum de estrea en 1972, The Divine Miss M. Midler.

Outras primeiras versións[editar | editar a fonte]

Sobre o mes de setembro de 1970, Cher gravou "Superstar" como o seu último sinxelo para Atco Records. Editado en outubro ou novembro dese ano, coincidindo na etapa entre o apoxeo de Sonny and Cher e o inicio dos éxitos de Cher en solitario, pero non entrou nas listas. Despois de que a canción se fixese máis coñecida, unha interpretación en directo que foi incluída no álbum de 1973 Sonny & Cher In Las Vegas, Volume 2. Cher, cun cambio na letra que se faría máis famosa coa versión de The Carpenters.

Vikki Carr usou a canción como como tema que lle daba título a un álbum en 1971, e o ano segunte, Peggy Lee incluíuna no seu disco Norma Deloris Egstrom from Jamestown, North Dakota. En Australia, Colleen Hewett gravou "Superstar", que foi editada en maio de 1971 e tivo un éxito moderado nese país.

"Superstar"
sinxelo de The Carpenters
do álbum Carpenters
Lanzamento 12 de agosto de 1971
Formato {{{formato}}}
Gravada principios de 1971
Xénero musical pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:46
Discográfica A&M Records
Produtor(es) Jack Daugherty
Escritor(es) Leon Russell, Bonnie Bramlett
Cronoloxía
"Rainy Days and Mondays" "Superstar" "Bless the Beasts and Children"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Versión de The Carpenters[editar | editar a fonte]

"Superstar" tivo o seu maior éxito coa versión de The Carpenters. Richard Carpenter descoñecía as versións orixinais da canción, e decidiu versionala despois de escoitar a interpretación por parte de Bette Midler.

O arranxo de Richard contaba cun óboe no principio, seguido pola voz de contralto de Karen que contrastaba cunha tranquila liña de baixo no corpo da canción, chegando a un estribillo cun uso de case orquestral de ventos e cordas. Producida por Richard con Jack Daugherty, foi gravada con músicos da famosa The Wrecking Crew de Los Angeles. Karen Carpenter gravou as súas voces nunha única toma (que de feito ía ser a guía para os outros músicos)), usando unha letra garabateada por Richard nun pano de papel.

O tema foi incluído o seu álbum Carpenters aparecido en maio de 1971, e foi editado como sinxelo no mes de setembro dese mesmo ano. Acadou o número 2 na lista Billboard Hot 100 de sinxelos de pop (held out of the top spot by Rod Stewart's "Maggie May") e pasou dúas semanas no número 1 da lista Easy Listening ese outono. Tamén acadou o número 18 na lista británica de sinxelos de pop e tamén entrou nas listas de Australia e Nova Zelandia.

Richard sería nomeado a un Grammy ao mellor arranxo de voces de acompañamento polos seus esforzos. "Superstar" aparecería nos álbums ao vivo de mediados dos 70 dos Carpenters, ademais de en varios álbums recompilatorios.

As opinións divídense entre os que din que o tratamento de The Carpenters fixo que a canción perdese o seu sentido orixinal, e os que pensan que ampliou o seu significado. Á súa vez, as voces de Karen recibiu grandes eloxios pola súa intensidade e natureza emocional.

Na comedia de 1995 Tommy Boy, as personaxes de David Spade e Chris Farley discuten sobre que música escoira na radio (Farley prefire heavy metal e Spade rock máis moderno) cando se atopan con esta canción. Ámbolos dous insisten en que o outro debería cambiar de emisor se o tema os ofendía; na seguinte escena os dous aparecen cantando en voz alta o coro da canción. "Superstar" tamén foi usada na película do 2007 Ghost Rider, protagonizada por Nicolas Cage. No filme, Donal Logue intenta apagar a canción, cando Cage a defende e di que ninguén se mete con Karen Carpenter. Na súa banda sonora o tema aparece titulado como "A Thing for Karen Carpenter".

Versión de Luther Vandross[editar | editar a fonte]

A principios dos 80 o cantante de R&B estadounidense Luther Vandross tiña "Superstar" no seu repertorio, ás veces con interpretacións que superaban os seis minutos. Vandross entón gravou "Superstar" en 1983 nunha versións máis lenta e cun aire máis soul, como parte dun medley con "Until You Come Back to Me (That's What I'm Gonna Do)", para o seu álbum Busy Body. Foi lanzada como sinxelo ao ano seguinte e converteuse nun éxito, acadando o número 4 da lista Billboard Top R&B Singles. Esta foi a primeira versión destacada realizada por un cantante masculino.

Versión de Ruben Studdard[editar | editar a fonte]

O concursante da segunda edición do programa American Idol Ruben Studdard interpretou a canción cun estilo influenciado pola versión de Vandross. Tivo críticas moi favorables dos xuíces e situouse como un dos líderes da competición, unha posición que mantería ata gañar o concurso en maio de 2003.

Como o seu tema máis representativo, Studdard gravou "Superstar" como cara-b do seu primeiro sinxelo "Flying Without Wings". Studdard sería nomeado nos Grammy do 2004 ao premio á mellor interpretación vocal masculiba de R&B por "Superstar", pero perdería ante o seu ídolo Vandross (que gañou con "Dance with My Father"). O tema tamén sería incluído no seu álbum de estrea Soulful, editado en decembro de 2003.

"Superstar"
sinxelo de Sonic Youth
do álbum If I Were a Carpenter
Lanzamento 1994
Formato {{{formato}}}
Gravada 1994
Xénero musical rock alternativo, noise rock
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:06
Discográfica A&M Records
Produtor(es)
Escritor(es) Leon Russell, Bonnie Bramlett
Cronoloxía
"Bull in the Heather" "Superstar" ""The Diamond Sea"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Outras versións posteriores[editar | editar a fonte]

Ademais dos artistas mencionados anteriormente, "Superstar" foi tamén gravada por:

  • American Spring, un grupo composto pola muller de Brian Wilson e a súa cuñada, no seu álbum de 1972 Spring.
  • Raquel Welch interpretou a canción con John Belushi na emisión do 24 de abril de 1976 do programa Saturday Night Live.
  • David Spinozza gravou o tema para o seu álbum de 1978 Spinozza. No arranxo do tema Spinozza toca a melodía coa guitarra, con coros de Luther Vandross, David Lasley e Diva Gray.
  • O cantante inglés Elkie Brooks incluíuna no seu álbum de 1981 Pearls, que chegou a vender un millón de copias.
  • Na banda sonora da película de 1993 Wayne's World 2, un grupo chamado Superfan interpreta "Superstar". Superfan é unha banda coñectiva que inclue a Chrissie Hynde (de The Pretenders) nas voces e a músicos de Urge Overkill.
  • O saxofonista de jazz David Sanborn versionou o tema no seu álbum de 1995 Pearls.
  • A cantante filipina Regine Velasquez gravouna para o seu álbum de 1997 Retro.
  • Sonic Youth versionouna para o álbum tributo de 1994 If I Were a Carpenter, e posteriormente para a banda sonora da película de 2007 Juno. Aparecería tamén no filme The Frighteners e no trailer teatral para High Tension. Richard Carpenter expresou o seu desgusto por esta versión.
  • O cantante inglés de trance Jan Johnston versionouna a principios dos anos 2000.
  • Dogstar, unha banda de rock coñecida polo seu baixista, o actor Keanu Reeves, interpretouna no seu álbum do 2000 Happy Ending.
  • Os especialistas en versións punk Me First and the Gimme Gimmes, tocárona no seu álbum do 2004 Ruin Jonny's Bar Mitzvah; a letra orixinal aparecen no riff principal do tema de The Adolescents "Kids of the Black Hole".
  • Usher homenaxeou a versión de Vandross no disco do 2005 So Amazing: An All-Star Tribute to Luther Vandross, e recibiu polo tema unha noeación ao Grammy.
  • Varios concursantes máis de American Idol e doutros concursos dese tipo dos anos 2000 como New Zealand Idol, Philippine Idol e The X Factor interpretaron o tema.
  • The Motels gravaron "Superstar" para o seu álbum do 2007 Clean Modern and Reasonable.