Little Trouble Girl
Aparencia
| Little Trouble Girl | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Sonic Youth | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
"Little Trouble Girl" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editada coma segundo e derradeiro sinxelo do seu álbum de 1995 Washing Machine en maio de 1996. O tema conta como vocalista convidada con Kim Deal, baixista de Pixies.
O videoclip para "Little Trouble Girl" foi dirixido por Mark Romanek. Foi rodado nos Ánxeles e nel tamén aparece Kim Deal. O vídeo trata sobre unha moza alieníxena explorando o interior dun edificio abandonado.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Sinxelo en CD
[editar | editar a fonte]- "Little Trouble Girl" (versión do álbum) - 4:29
- "Little Trouble Girl" (versión instrumental) - 3:56
- "Terry's Carrot" - 18:21
"Terry's Carrot" é unha improvisación no estudio.
Sinxelo en 12"
[editar | editar a fonte]- "Little Trouble Girl" (album version) - 4:29
- "My Arena" - 2:19
- "The Diamond Sea" (edit) - 5:15
As caras-b do 12" tamén aparecen no sinxelo de "The Diamond Sea"[1].