Walls Have Ears

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Walls Have Ears
Álbum de directo de Sonic Youth
Edición1986
Gravación1985
Xénero(s)noise rock

Walls Have Ears é un álbum ao vivo da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, publicado no ano 1986. Gravouse no ano 1985 de forma pirata e editouse como dous vinilos de 12" sen o consentimento da banda.[1]

Os temas do 1 ao 7 graváronse o 30 de outubro de 1985 en Londres. O tema 8 gravouse o 8 de novembro no Brighton Beach de Brighton. O resto das cancións gravaronse tamén en Londres o día 28 de abril. Nestas últimas cancións os membros da banda eran Thurston Moore, Lee Ranaldo, Kim Gordon e Bob Bert. O resto contan co novo batería do grupo, Steve Shelley.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "C.B."
  2. "Green Love" ("Green Light")
  3. "Brother James"
  4. "Kill Yr. Idols"
  5. "I Love Her All the Time"
  6. "Expressway to Yr. Skull"
  7. "Spahn Ranch Dance" ("Death Valley '69")
  8. "Blood on Brighton Beach" ("Making the Nature Scene")
  9. "Burning Spear"
  10. "Death Valley '69"
  11. "Speed JAMC"
  12. "Ghost Bitch"
  13. "I'm Insane" (unlisted)
  14. "The World Looks Red"
  15. "The Word (E.V.O.L.)" ("Flower")
  16. "Brother Jam-Z" ("Brother James")
  17. "Killed & Kicked Off" ("Kill Yr. Idols")

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marcus, Greil (1999). Harvard University Press, ed. In the Fascist Bathroom: Punk in Pop Music, 1977-1992. p. 325. ISBN 0674445775.