Washing Machine
Washing Machine | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sonic Youth | ||||
Publicado | 26 de setembro de 1995 | |||
Gravación | xaneiro - maio de 1995 | |||
Estudio(s) | Easley Studios, Memphis; Greene Street Studios, Nova York | |||
Duración | 68:17 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Produtor | Sonic Youth, John Siket | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Washing Machine é o noveno álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Foi editado a través do selo DGC Records o 26 de setembro de 1995, pouco despois de que a banda rematase a xira como cabeza de cartel do festival de Lollapalooza dese ano. O disco foi publicado en Europa tamén nunha ediión especial cun segundo disco que contiña os temas "Starfield Road", "Eric's Trip", "The Diamond Sea" e "Teen Age Riot" interpretados ao vivo na emisora France Inter Radio o 12 de setembro de 1995.
O disco acadou o posto 39 na lista británica de álbums[1], e nos Estados Unidos foi número 58 da lista Billboard 200[2].
Portada
[editar | editar a fonte]A portada do disco trátase dunha fotografía polaroid cortada de dous seareiros tomada nun concerto da banda en Amherst, Massachusetts o 28 de abril de 1995, durante unha pequena xira que realizaron mentres o disco aínda estaba en produción; os dous mozos aparecen vestindo camisetas que se venderon como merchandise nesa xira. Na camiseta da esquerda poden verse as sinaturas de Thalia Zedek e Chris Brokaw da banda Come, os abreconcertos deses concertos[3]. Segundo sleevage.com, a polaroid foi atopada no chan do local e entregada á banda. DGC intentou identificar e obter o permiso dos rapaces fotografados a través dun boletín de noticias da MTV, pero como non puideron ser identificados, as súas caras foron recortadas para a portada[4].
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Becuz" (letra/voces Gordon) | 4:43 | |||||||
2. | "Junkie's Promise" (letra/voces Moore) | 4:02 | |||||||
3. | "Saucer-Like" (letra/voces Ranaldo) | 4:25 | |||||||
4. | "Washing Machine" (letra/voces Gordon) | 9:33 | |||||||
5. | "Unwind" (letra Moore, voces Moore e Ranaldo) | 6:02 | |||||||
6. | "Little Trouble Girl" (letra Gordon, voces Kim Deal e Gordon con Lorette Velvette e Melissa Dunn) | 4:29 | |||||||
7. | "No Queen Blues" (letra/voces Moore) | 4:35 | |||||||
8. | "Panty Lies" (letra/voces Gordon) | 4:15 | |||||||
9. | "Untitled" | 2:49 | |||||||
10. | "Skip Tracer" (letra Leah Singer e Ranaldo, voces Ranaldo) | 3:48 | |||||||
11. | "The Diamond Sea" (letra/voces Moore) | 19:35 | |||||||
68:17 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Álbums de Sonic Youth na UK Album Chart
- ↑ allmusic.com - Washing Machine awards
- ↑ sonicyouth.com - Washing Machine (en inglés)
- ↑ "sleevage.com - Washing Machine" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013.