Dim Stars
Aparencia
| Dim Stars | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Dim Stars foi un supergrupo de rock alternativo activo brevemente a principios dos anos 90. Estaba composto polo baixista Richard Hell de Richard Hell and the Voidoids, o guitarrista Thurston Moore e o batería Steve Shelley de Sonic Youth e o guitarrista Don Fleming de Gumball; tamén chegou a colaborar tocando a guitarra Robert Quine, tamén de The Voidoids. O seu primeiro lanzamento foi un conxunto en edición limitada de tres EPs de 7", que posteriormente editaron como un único CD en 1992.[1] A este seguiulle un álbum, Dim Stars, publicado o mesmo ano. O grupo nunca saíu de xira e separouse despois da publicación do disco.
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo | Notas |
|---|---|---|---|
| 3 new songs | 1992 | Ecstatic Peace!/Caroline Records | Baixo o nome de Richard Hell |
| Dim Stars | 1992 | Ecstatic Peace!/Caroline Records/Paperhouse | EP |
| Dim Stars | 1992 | Caroline Records/Paperhouse | LP |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Trouser Press (ed.). "Richard Hell and the Voidoids". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2003. Consultado o 25 de decembro de 2017.