The Diamond Sea
| The Diamond Sea | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Sonic Youth | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
"The Diamond Sea" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editada coma primeiro sinxelo do seu álbum de 1995 Washing Machine. O tema foi versionado pola banda Yeah Yeah Yeahs e pode ser atopado no seu EP iTunes Session.
A versión acustada de "The Diamond Sea" e o tema "My Arena" que están no sinxelo tamén aparecen como caras-b na edición en 12" do sinxelo "Little Trouble Girl".
O seu vídeo musical foi dirixido por Spike Jonze, Lance Bangs, Dave Markey, Steve Paine e Angus Wall. Nel poden verse imaxes en directo da banda nas súas actuacións como uns dos cabezas de cartel da xira Lollapalooza de 1995.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "The Diamond Sea" (radio edit) - 5:26
- "My Arena" - 2:15
- "The Diamond Sea" (alternate ending) - 25:50
A edición para a radio do tema é significativamente máis curto que a versión que aparece no álbum (que dura 19:35), pero a versión alternativa é uns seis minutos máis longa que esta última. Esta versión máis longa tamén aparece na edición en vinilo de Washing Machine[1].