Sonic Youth (álbum)
| Sonic Youth | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Sonic Youth | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Sonic Youth é o EP de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Foi gravado en 1981 no Radio City Music Hall, en Nova York, e editado polo selo de Glenn Branca, Neutral Records, en marzo de 1982. É a única gravación de Sonic Youth que conta co batería Richard Edson.
Reedicións
[editar | editar a fonte]En 1987 SST Records reeditou o álbum no formato orixinal en vinilo, ademais de en casete cos cinco temas na primeira cara da cinta. A outra cara contaba cos mesmos temas, pero interpretados ao revés, do último ao primeiro, e tanto no libreto como no propio casete as cancións da cara b aparecían impresas como se se vise a través dun espello. Ese mesmo ano o EP foi publicado por vez primeira en CD, a través de SST nos Estados Unidos e de Blast First Records no Reino Unido.[1]
Geffen reeditou o EP no ano 2006 en CD e en dobre vinilo con 8 temas engadidos. 7 proceden dunha actuación en directo do día 18 de setembro de 1981, mentres que o último corte é unha é unha gravación de estudio dunha versión previa de "I Dreamed I Dream", gravada en outubro de 1981.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth (Thurston Moore, Kim Gordon, Lee Ranaldo, Richard Edson).
| Cara A | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Letras | Voces | Duración | |||||
| 1. | "The Burning Spear" | Moore | Moore | 3:28 | |||||
| 2. | "I Dreamed I Dream" | Edson, Ranaldo | Gordon, Ranaldo | 5:12 | |||||
| 3. | "She Is Not Alone" | Moore | Moore | 4:06 | |||||
| Cara B | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Letras | Duración | ||||||
| 4. | "I Don't Want to Push It" | Gordon | Moore | 3:35 | |||||
| 5. | "The Good and the Bad" | Instrumental | Instrumental | 7:55 | |||||
| Cancións extra da reedición en CD de 2006 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Letras | Voces | Duración | |||||
| 6. | "Hard Work (Live)" | Gordon | Moore | 3:19 | |||||
| 7. | "Where the Red Fern Grows (Live)" | Instrumental | Instrumental | 5:47 | |||||
| 8. | "The Burning Spear (Live)" | Moore | Moore | 3:23 | |||||
| 9. | "Cosmopolitan Girl (Live)" | Gordon | Gordon | 3:35 | |||||
| 10. | "Loud and Soft (Live)" | Ranaldo | Ranaldo | 6:48 | |||||
| 11. | "Destroyer (Live)" | Instrumental | Instrumental | 5:32 | |||||
| 12. | "She Is Not Alone (Live)" | Moore | Moore | 3:29 | |||||
| 13. | "Where the Red Fern Grows (Studio)" | Instrumental | Instrumental | 6:45 | |||||
- As cancións extra graváronse ao vivo no Music for Millions Festival no New Pilgrim Theatre de Nova York o día 18 de setembro de 1981, agás a versión de estudio de "Where the Red Fern Grows", gravada en outubro dese ano segundo o libreto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Discography - Sonic Youth". www.sonicyouth.com. Consultado o 2020-08-29.