Saltar ao contido

Experimental Jet Set, Trash and No Star

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Experimental Jet Set, Trash and No Star
Sonic Youth Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
3 de maio de 1994 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración2.857 s Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
Freebase/m/01jkz9_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Discogs: 9858 Allmusic: mw0000107964 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Experimental Jet Set, Trash and No Star é o oitavo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado o 10 de maio de 1994 a través do selo DGC Records. O álbum acadou o posto 34 na lista Billboard 200[1] e o 10 na lista de álbums de Reino Unido,[2] e segundo Nielsen SoundScan o disco vendera unhas 246 000 copias nos Estados Unidos ata 2005.[3] Lee Ranaldo non compuxo nin canta en ningunha canción do álbum.

O disco foi producido por Butch Vig e gravado no estudio Sear Sound da cidade de Nova York, o mesmo estudio onde se gravou o álbum da banda de 1987, Sister. A diferenza do seu predecesor, Dirty, Experimental Jet Set presenta unha abordaxe máis discreta e fai referencia ao traballo anterior da banda no selo discográfico independente SST Records. O álbum contén cancións máis tranquilas e relaxadas que tratan temas persoais e políticos.

A canción "Bull in the Heather" foi lanzada como sinxelo e como vídeo musical con Kathleen Hanna de Bikini Kill. O álbum recibiu críticas xeralmente favorables por parte da crítica musical, que destacou a capacidade da banda para crear tanto ruído como melodía. Porén, algúns consideraron que o estilo anticomercial do álbum era difícil de apreciar.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth, agás onde se indique. 

N.º TítuloVoces Duración
1. "Winner's Blues"  Moore 2:07
2. "Bull in the Heather"  Gordon 3:04
3. "Starfield Road"  Moore 2:15
4. "Skink"  Gordon 4:12
5. "Screaming Skull" (letras adicionais de Dave Markey)Moore 2:38
6. "Self-Obsessed and Sexxee"  Moore 4:30
7. "Bone"  Gordon 3:57
8. "Androgynous Mind"  Moore 3:30
9. "Quest for the Cup"  Gordon 2:30
10. "Waist"  Moore 2:49
11. "Doctor's Orders"  Gordon 4:20
12. "Tokyo Eye"  Moore 3:55
13. "In the Mind of the Bourgeois Reader"  Moore 2:33
14. "Sweet Shine" (contén canción oculta de "bonus noise" no 6:25)Gordon 7:50
50:10
  1. "Sonic Youth". AllMusic (en inglés). Consultado o 2026-03-28.
  2. "Sonic Youth". Official Charts (en inglés). 1990-09-15. Consultado o 2026-03-28.
  3. "S/FJ: You thought I was backing out". www.sashafrerejones.com. Consultado o 2026-03-28.