Sister

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sister
Álbum de Sonic Youth
Publicado: xuño de 1987
Datas de gravación: 1987
Estudio(s) de gravación: Sear Sound, Nova York
Duración: 42:49
Xénero: rock alternativo, noise pop, art rock
Selo(s): SST (edición orixinal)
DGC (reedición de 1994)
Producido por: Sonic Youth
Cronoloxía
EVOL Sister Master-Dik

Sister é un álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado en xuño de 1987 polo selo SST Records. Foi reeditado no ano 1994 a través do selo DGC.

Neste álbum, recibido con boas críticas en todo o mundo, a banda móvese do noise rock cara a estruturas de pop máis tradicionais, aínda que manteñen unha aproximación experimental agresiva. En certa medida é un álbum conceptual (ao igual que o seu sucesor Daydream Nation), e está en parte inspirado na vida e traballos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick (a "sister" do título era a irmá xemelga de Dick, que morreu pouco despois do seu nacemento, cuxa memoria atormentouno toda a súa vida). A banda adoita a interpretar ao vivo temas como "Schizophrenia", "White Cross" e "Kotton Krown".

Pitchfork Media colocou a Sister no número 14 na súa lista dos mellores álbums dos anos 80[1]. NME colocouno no 80 entre os mellores álbums de todos os tempos, e no 37 entre os 50 mellores álbums do 80. En xullo de 1995 a revista Alternative votou a Sister coma terceiro mellor álbum editado entre 1985 e 1995.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Schizophrenia" (letra/voz Kim e Thurston) – 4:37
  2. "(I Got a) Catholic Block" (letra/voz Thurston) – 2:25
  3. "Beauty Lies in the Eye" (letra/voz Kim) – 2:15
  4. "Stereo Sanctity" (letra/voz Thurston) – 3:47
  5. "Pipeline/Kill Time" (letra/voz Lee) – 4:32
  6. "Tuff Gnarl" (letra/voz Thurston) – 3:13
  7. "Pacific Coast Highway" (letra/voz Kim) – 4:16
  8. "Hot Wire My Heart" (Johnny Strike) (voz Thurston, Kim, e Lee) – 3:21
  9. "Kotton Krown" (letra/voz Kim and Thurston) – 5:05
  10. "White Kross" (letra/voz Thurston) – 2:48
  11. "Master-Dik" (letra/voz Thurston) – 5:08 (canción extra no CD)

Notas[editar | editar a fonte]