Nunha proxección do filme no festival All Tomorrow's Parties en Monticello, Nova York, Markey dixo que o título inicial do traballo ía ser "Tooth or Hair", un xogo de palabras co documental de MadonnaTruth or Dare.
En setembro do ano 2011 o documental foi re-editado en DVD. As súas imaxes foron restauradas co son sincronizado novamente en estéreo PCM sen comprimir, baixo a supervisión de Sonic Youth. Esta inclúe tamén ao redor de 50 minutos extra de imaxes con varias actuacións ao vivo, unha rolda de prensa onde parte dos protagonistas da cinta falan da súa elaboración 12 anos despois do lanzamento orixinal, unha edición alternativa do tema "Teenage Riot" e o trailer do documental.
O filme ten lugar ao longo da xira europea de 1991 de Sonic Youth e Nirvana. As datas da xira, que aparecen ao principio do documental, son as seguintes: