Sonic Death

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sonic Death
Álbum de directo de Sonic Youth
Edición1984
Gravación1981 - 1983
Duración68:02
Xénero(s)No Wave, rock experimental
Selo(s)Ecstatic Peace!
Producido porSonic Youth
Cronoloxía
Kill Yr Idols Sonic Death Bad Moon Rising

Sonic Death é un álbum en directo da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth,[1] editado en casete no ano 1984 por Ecstatic Peace!, selo de Thurston Moore. Posteriormente foi reeditado en 1988 en casete e CD por Blast First e SST Records.[2] No presente o traballo está descatalogado. Nel aparecen gravación realizadas dende 1981 ata 1983.

Moitas das cancións do álbum aparecen só como anacos, moitas veces sen cortes entre elas. A meirande parte das cancións son versións ao vivo de temas das tres primeiras edicións de Sonic Youth, Sonic Youth, Confusion Is Sex e Kill Yr Idols.

Debido a que Sonic Youth usa moitas afinacións alternativas pero na época non tiña cartos para viaxar con distintos instrumentos con cada afinación, pode escoitarse aos menbros da banda afinando entre as cancións.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

O libreto do álbum non ten un listaxe de temas, e versións en CD conteñen só 1 corte ou 2. Na seguinte listaxe aparecen os temas que poden recoñecerse claramente, cos tempos aproximados dende o comezo do disco.

Cara A[editar | editar a fonte]

  1. "The Good and the Bad" (fragmento) – 0:00–5:05
  2. "She Is Not Alone" (fragmento) – 7:16–10:31
  3. "The Good and the Bad" (fragmento) – 12:21–17:02
  4. "The World Looks Red" – 17:02–19:15
  5. "Confusion Is Next" – 20:26–23:44
  6. "Inhuman" (fragmento) – 23:44–25:16
  7. "Shaking Hell" (fragmento) – 29:29–30:20
  8. "Burning Spear" – 30:21–33:39

Cara B[editar | editar a fonte]

  1. "Brother James" (fragmento) – 40:05–40:23
  2. "Early American" – 40:23–47:31
  3. "Burning Spear" (fragmento) – 47:32–48:43
  4. "Kill Yr Idols" – 48:44–51:35
  5. "Confusion is Next" (fragmento) – 51:36–53:05
  6. "Kill Yr Idols" (fragmento) – 56:18–57:03
  7. "Shaking Hell" (fragmento) – 58:45–60:20
  8. "(She's in a) Bad Mood" (fragmento) – 62:46–63:40

Notas[editar | editar a fonte]