Richard Edson
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de xaneiro de 1954 New Rochelle |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de televisión, músico, actor de cinema |
| Período de actividade | 1981 |
| Instrumento | Batería |
Richard Edson, nado en New Rochelle (Nova York) o 1 de xaneiro de 1954, é un actor e músico estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Edson foi o primeiro batería da banda Sonic Youth, dende 1981 ata 1982. Durante ese tempo tamén tocou na banda Konk. Despois da edición do EP de debut de Sonic Youth Edson deixou a banda para tocar a tempo completo con Konk. Tamén tocou a trompa no álbum homónimo da banda de San Francisco The Offs, editado en 1984.
Despois de saír dese grupo, Edson adicouse a actuar e leva aparecido nunhas 35 películas, entre as que están Good Morning, Vietnam, Platoon e Strange Days.