Saltar ao contido

Sugar Kane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sugar Kane
Sonic Youth Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Xénero
Autoría
 Interpretado por
Publicación
 Produtor/a
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
febreiro de 1993 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Publicado en
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/0288xyd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Discogs: 26996 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"Sugar Kane" foi o terceiro sinxelo do álbum de 1992 Dirty, da banda estadounidende de rock alternativo Sonic Youth. Foi editado en febreiro de 1993 a través do selo DGC. O seu título ten relación co personaxe de Marilyn Monroe na película Con saias e a rachar, chamado 'Sugar' Kane Kowalczyk. O sinxelo chegou a acadar o posto 26 na lista de sinxelos británica en 1993.

O seu vídeo musical foi dirixido por Nick Egan. Rodouse en Nova York e amosa á banda actuando no medio dun desfile de moda de roupa "grunge". As pezas de roupa, de feito, son parte dunha colección realizada polo deseñador de moda Marc Jacobs, chamada Grunge Collection, para Perry Ellis en 1992. Marc é tamén un bo amigo de Kim Gordon e da banda. O vídeo tamén destaca por ser primeira aparición na pantalla da actriz Chloe Sevigny.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Versión estadounidense

[editar | editar a fonte]
  1. "Sugar Kane" (edición) - 5:03
  2. "The Destroyed Room" - 3:25
  3. "Purr" (versión de Mark Goodier) - 4:22
  4. "The End of the End of the Ugly" - 4:12

Versión británica

[editar | editar a fonte]
  1. "Sugar Kane" (edit) 5:03
  2. "Is It My Body" - 2:53
  3. "Personality Crisis" - 3:50
  4. "The End of the End of the Ugly" - 4:12

A edición estadounidense ten unhas caras-b semellantes ao sinxelo "Youth Against Fascism", e a británica (tanto en CD coma en 10") ten un listaxe de temas semellante ao EP Whores Moaning. Nesta última edición o tema "Sugar Kane " ven subtitulado coa frase "the short and sweet version".