Touch Me I'm Sick/Halloween

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
"Touch Me I'm Sick/Halloween"
sinxelo de Sonic Youth e Mudhoney
Lanzamento decembro de 1988
Formato {{{formato}}}
Gravada
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración
Discográfica Sub Pop
Produtor(es) Wharton Tiers
Escritor(es)
Cronoloxía
"Silver Rocket"
"Touch Me I'm Sick"
"Touch Me I'm Sick/Halloween" "Kool Thing"
"Suck You Dry"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Touch Me I'm Sick/Halloween" é un sinxelo compartido das bandas estadounidenses de rock alternativo Sonic Youth e Mudhoney, editado en decembro de 1988 polo selo independente Sub Pop Records.

Antes da edición do sinxelo de Mudhoney "Touch Me I'm Sick" en marzo de 1988, Bruce Pavitt envioulle unha cinta con cinco temas de Mudhoney a Sonic Youth para saber a súa opinión. Sonic Youth propúxolle inmediatamente facer sinxelo compartido con cada banda versionando unha canción da outra. Sonic Youth versionou "Touch Me I'm Sick" e Mudhoney "Halloween". O sinxelo lanzouse nunha edición limitada como vinilo de 7 polgadas. En xaneiro de 1989 editouse en 12 polgadas no Reino Unido, a través do selo Blast First, en en 1990 en Alemaña a través de Glitterhouse Records.

A versión "Touch Me I'm Sick" foi incluída na edición "deluxe" do álbum Daydream Nation, editada o 12 de xuño do 2007, e a de "Halloween" aparece na edición "deluxe" de Superfuzz Bigmuff, lanzada no ano 2008.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. Sonic Youth: "Touch Me I'm Sick" (Arm, Lukin, Peters, Turner) – 2:36
  2. Mudhoney: "Halloween" (Sonic Youth) – 6:07