Stellantis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Stellantis
Stellantis.svg
Chrysler Headquarters Tower (November 2021).jpg
Tipocommercial organization, montadora de automóveis e empresa de capital aberto
Data de fundación16 de xaneiro de 2021
Presidente/aJohn Elkann (2021-sen valor)
Director/aCarlos Antunes Tavares
Nº de empregados300.000
Organización subsidiariaOpel, Vauxhall, Peugeot, FCA Italy, Jeep, Alfa Romeo, Citroën, Dodge, Maserati, DS Automobiles, Française de Mécanique, Chrysler e Stellantis Argentina
SedeÁmsterdam
PaísPaíses Baixos e Francia
Na rede
https://www.stellantis.com/
Facebook: Stellantis Twitter: stellantis LinkedIn: Stellantis Youtube: UCKgSLvI1SYKOTpEToycAz7Q Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Stellantis NV é un fabricante multinacional automobilístico con sede en Ámsterdam, Países Baixos[1][2], formado pola fusión da empresa italoamericana Fiat Chrysler Automobiles e da empresa francesa Groupe PSA en 2021 sobre a base dun 50%-50% cun acordo de fusión transfronteiriza.[1] O grupo ten unha ampla carteira de marcas de automóbiles: Abarth, Alfa Romeo, Chrysler, Citroën, Dodge, DS Automóbiles, Fiat, Fiat Profesional, Jeep, Lancia, Maserati, Opel, Peugeot, Ram Trucks e Vauxhall Motors. O nome "Stellantis" úsase exclusivamente para identificar a entidade corporativa, mentres que as marcas e os logotipos do grupo permanecen inalterados. [1]

A compañía ten 400.000 empregados, con presenza en máis de 130 países e con fábricas en 30 países.[3] O grupo ten plans para ter 39 vehículos eléctricos para finais de 2021.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

A principios de 2019, FCA buscou unha fusión co fabricante de automóbiles francés Renault e chegou a un acordo provisional coa empresa.[5] Non obstante, o comportamento do goberno francés durante as negociacións levou ao abandono do acordo; The Economist informou de que "para FCA isto auguraba interferencias futuras."[6] Nissan tamén tiña varias preocupacións sobre o impacto da proposta na súa alianza con Renault.[6]

Posteriormente, FCA achegouse a PSA. A fusión, acordada oficialmente en decembro de 2019, foi a de crear o cuarto fabricante de automóbiles máis grande do mundo por vendas mundiais de vehículos, cun aforro anual previsto de 3.700 millóns de euros, ou aproximadamente 4.222 millóns de dólares.[1]

O 21 de decembro de 2020, a Comisión Europea anunciou a súa aprobación da fusión, ao tempo que impoñía restricións mínimas para garantir a competencia no sector.[7]

A fusión foi aprobada o 4 de xaneiro de 2021 polos accionistas de FCA NV e Peugeot SA e o acordo concluíu o 16 de xaneiro de 2021. As accións ordinarias da nova compañía comezaron a negociarse na Bolsa de Milán (MTA) e Euronext París o 18 de xaneiro de 2021 e na Bolsa de Nova York o 19 de xaneiro de 2021, en cada caso baixo o símbolo "STLA".[8][9][10]

Estrutura[editar | editar a fonte]

Desde 2021 a carteira de marcas de Stellantis é:

Marca Fundación CEO da marca
Jeep 1941 Christian Meunier
Chrysler 1925 Timothy Kuniskis
Dodge 1914
Ram 2010[a] Michael Koval
Fiat 1899 Olivier François
Abarth 1949
Lancia 1906 Luca Napolitano
Alfa Romeo 1910 Jean-Philippe Imparato
Maserati 1914 Davide Grasso
Citroën 1919 Vincent Cobée
Peugeot 1810 Linda Jackson
Opel 1862 Michael Lohscheller
Vauxhall 1857[11]
DS Automobiles 2014[b] Béatrice Foucher

Propiedade[editar | editar a fonte]

Tras a fusión do 50% de FCA e 50% de PSA, os propietarios son:[12]

Consello de administración[editar | editar a fonte]

O consello executivo de Stellantis está formado por 11 membros. Cinco membros proceden de PSA e dos principais accionistas (BpiFrance, FFP), mentres que outros cinco proceden de Fiat Chrysler Automobiles e principal accionista (Exor). O escano restante recae en Carlos Tavares, CEO de Stellantis.

Plantas de montaxe[editar | editar a fonte]

Norte América[editar | editar a fonte]

Sur América[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Africa, Oriente medio, Asia e Oceania[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. escisión de Dodge
  2. escisión de Citroën
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Fiat Chrysler and PSA Group rename merged automaker ‘Stellantis’, Fox Business, 16 de xullo de 2020
  2. Fiat Chrysler to Be Renamed Stellantis After Merger With PSA, Wall Street Journal, 15 de xullo de 2020
  3. "Overview | Stellantis". www.stellantis.com. Consultado o 2021-01-19. 
  4. "Stellantis: Construindo un lider mundial en mobilidade sostible | Stellantis". www.stellantis.com. Consultado o 2021-01-19. 
  5. "Fiat Chrysler proposes 50-50 merger with Renault". TechCrunch. Consultado o 2019-05-27. 
  6. 6,0 6,1 "Braking bad: A merger of Fiat Chrysler Automobiles and Renault is no more". The Economist (London). 8 de xuño de 2019. Consultado o 2021-02-16. Fontes próximas a FCA din que o goberno estaba constantemente a cuestionar e renegociar todos os aspectos do trato. Para FCA isto auguraba interferencias futuras. Cando Francia sinalou a Nissan como un obstáculo, FCA perdeu a paciencia. 
  7. "Mergers: Commission approves the merger of Fiat Chrysler Automobiles N.V. and Peugeot S.A., subject to conditions" (Nota de prensa). European Commission. 2020-12-21. 
  8. "Fiat Chrysler and Peugeot shareholders vote to merge, creating world's fourth-largest car maker". NBC News (en inglés). Consultado o 2021-01-04. 
  9. Noble, Breana. "Stellantis merger to close on Jan. 16 after PSA, FCA shareholders approve". The Detroit News (en inglés). Consultado o 2021-01-05. 
  10. "The merger of FCA and Groupe PSA has been completed" (PDF) (en inglés). Consultado o 2021-01-16. 
  11. "- Vauxhall History". vauxhallhistory.org. Consultado o 2021-03-10. 
  12. "Stellantis Information on Euronext" (en inglés). Euronext. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 
  13. "STLA - Stellantis NV Shareholders - CNNMoney.com". money.cnn.com. 
  14. 14,0 14,1 14,2 "Stellantis Media - FCA North American Manufacturing Operations". media.stellantisnorthamerica.com. Consultado o 2021-02-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]