Saltar ao contido

Nissan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Nissan
Logotipo
Imaxe
 Nome oficial
日産自動車株式会社 (ja)
Nissan Motor Co., Ltd. (en) Editar o valor en Wikidata
 Retrouso
技術の日産
電気自動車と自動運転をリードする日産自動車 Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma xurídica
 Industria
 Produto ou servizo
Implicados
 Propietario/a
 Director/a executivo/a
Makoto Uchida (en) Traducir outubro de 2019
Hiroto Saikawa (en) Traducir 2017 - setembro de 2019
Carlos Ghosn (pt) Traducir 2001 - 2017
Yoshikazu Hanawa (en) Traducir 1996 - 2001 Editar o valor en Wikidata
 Bolsa de valores
 Matriz
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
26 de decembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Cadro de persoal
 136134 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Ingresos totais
 11951169000000 ¥ (2018) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio
 574760000000 ¥ (2018) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio neto
 763657000000 ¥ (2018) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
 18746901000000 ¥ (31 de marzo de 2018) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Área de operación
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF124401452 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121858821 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05b4c Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: NissanJP Twitter: NissanJP Instagram: nissanjapan LinkedIn: nissan-motor-corporation Youtube: UCIpK0Bh0wFnC-QqgJs6hx5w Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Nissan (en xaponés: 日産自動車株式会社 Nissan Jidosha Kabushiki-gaisha) é unha empresa automobilística xaponesa.

Nissan Modelo 70 Phaeton, 1938.

As orixes do nome Datsun son de 1914. Masujiro Hashimoto fundou The Kwaishinsha Motor Car Works en 1911. En 1914 a empresa produce o seu primeiro coche chamado DAT.

O nome do coche foi o acrónimo dos nomes das familias:

  • Kenjiro Den (田 健次郎, Den Kenjirō)
  • Rokuro Aoyama (青山 禄朗, Aoyama Rokurō)
  • Meitaro Takeuchi (竹内 明太郎, Takeuchi Meitarō)

A empresa foi renomeada de Kwaishinsha Motorcar Co., Ltd. en 1918, e posteriormente DAT Motorcar Co. en 1925. Fabricaba camións con motores DAT ademais de coches Datsun para viaxeiros. A gran maioría da súa produción eran camións, debido a un mercado privado case inexistente para vehículos de pasaxeiros. A partir de 1918, os primeiros camións DAT foron para uso militar. A baixa demanda do mercado militar da década de 1920 obrigou a DAT a fusionarse en 1926 co segundo fabricante xaponés de camións: Jitsuyo.

En 1926 DAT Motors con sede en Toquio e asociada coa Jitsuyo Jidosha Co., Ltd de Osaka (実用自动车制造株式会社, Jitsuyō Jidosha Kabushiki-Seizo Gaisha) a.k.a. Jitsuyo Motors (establecido 1919, como filial de Kubota) pasou a converterse en DAT Automobile Manufacturing Co., Ltd. (ダット自動車製造株式会社, Datto Jidosha Kabushiki-Seizo Gaisha) ata 1932. Jitsuyo Jidosha comezou a producir un vehículo de tres rodas cunha cabina cerrada chamado Gorham en 1920, e ao ano seguinte produciuse unha versión de catro rodas. De 1923 a 1925, a empresa produciu vehículos lixeiros e camións baixo o nome de Lila.

En 1931, DAT sacou un novo coche pequeno, o primeiro "Datson", que significa "fillo de DAT". Máis tarde, en 1933 despois de que Nissan tomou o control de DAT, a última sílaba de Datson foi trocada a "sol", porque "son" tamén significa "perda" (损) en xaponés, de aí o nome de "Datsun"(ダットサン, Dattosan).

En 1933, o nome de compañía foi xaponizado a Jidosha-Seizo Co., Ltd. (自动车制造株式会社, Jidosha Kabushiki-Seizo Gaisha, Automobile Manufacturing Co., Ltd.) e trasladouse a Yokohama.

En 1928, Yoshisuke Aikawa fundou a sociedade Nippon Sangyo (Industrias Nippon). O nome 'Nissan' orixinouse durante a década de 1930 como unha abreviatura utilizada no mercado de valores de Toquio para Nippon Sangyo. Nissan "Zaibatsu" (combinar) que incluía Tobata Casting e Hitachi. Nissan pasou a controlar empresas de pezas, pero non entrou Aikawa na fabricación de automóbiles ata 1933. Nissan eventualmente medrou para incluír a 74 empresas, e pasou a ser o cuarto maior produtor no Xapón durante a segunda guerra mundial.

Nissan GT R

En 1941 a produción chega a 20.000 vehículos. A produción detense por causa da Guerra no Pacífico. En 1947 reanúdase a produción de Datsun. En 1951 Nissan adapta a súa experiencia en fabricación de vehículos militares, adquirida durante a segunda guerra mundial ao Patrol 4x4 con seis cilindros e 85 CV. En 1953 empregados e patronal enfróntanse nunha folga de 100 días. En 1958 Nissan entra no mercado mundial do automóbil despois da vitoria dun Datsun 210 na Mobilgas Round Australia Trial. En 1960, dous anos despois das primeiras exportacións aos Estados Unidos, Nissan funda a Nissan Motor Corporation USA (NMC) en California. En 1962 Nissan empeza a exportar vehículos a Europa. En 1966 Nissan fusiónase coa empresa Prince. En 1973 en plena crise do petróleo, o Nissan Sunny sitúase como o automóbil de menor consumo de combustible segundo as probas da Axencia Estadounidense de Protección do Medio Ambiente. En 1980 Nissan adquire unha participación na empresa española Motor Ibérica, S.A. de Barcelona. As exportacións acumuladas superan os 10 millóns de unidades. Fúndase Nissan Motor Manufacturing Corporation USA (NMMC) en Smyrna, Tennessee, Estados Unidos. Os Datsun pasan a venderse coa marca de Nissan. En 1984 fúndase Nissan Motor Manufacturing Ltd. en Sunderland, Reino Unido. En 1992 lánzase o Nissan Micra no mercado europeo (desde a planta de fabricación de Sunderland, Reino Unido). Coche do Ano en Europa en 1993. En 1997 fúndase Nissan European Technical Centre S.A. en Barcelona.

Nissan Motor Ibérica

[editar | editar a fonte]
Navara dos GEAS.

Nissan Motor Ibérica iniciou a súa actividade en Barcelona en 1980 ao mercar unha participación accionarial de Motor Ibérica, S.A. e co tempo pasou a ser propietaria ao 100% da empresa. Ten fábricas en Barcelona, Ávila e Cantabria. En 1983 inicia a fabricación do Nissan Patrol 4x4, primeiro vehículo Nissan fabricado en Europa. En 1991 amplía ao dobre de superficie a fábrica da Zona Franca de Barcelona. En 1992 inicia a fabricación do modelo Serena. En 1993 comeza a fabricación do Nissan Terrano II. No 2000 inicia a produción do Almera Tino, primeiro turismo Nissan fabricado en España. En 2002 iníciase a produción do furgón comercial X83 (Nissan Primastar, Renault Trafic e Opel Vivaro), o primeiro vehículo de produción cruzada en Europa en acordo Renault-Nissan[1].

  1. "HISTORIA DE NISSAN EN ESPAÑA". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]