Kragujevac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Kragujevac.

Kragujevac (en serbio cirílico: Крагујевац, Kragujevac.ogg escoitar ) é a cuarta cidade máis grande de Serbia despois de Belgrado, Novi Sad e Ninš, e o centro administrativo do Distrito de Šumadija. Está situada a beiras do río Lepenica. A cidade era coñecida como "Kraguyevca" ou "Karacofça" durante o dominio otomán.

A pesar da súa fundación relativamente tardía (1476), Kragujevac foi pioneira en moitos aspectos. Foi a primeira capital da Serbia moderna (1818-1839), e a primeira constitución dos Balcáns proclamouse nesta cidade en 1835. Máis adiante, a primeira universidade de Dereito da recentemente independizada Serbia foi fundada en 1838, precedida pola primeira escola de gramática (Gimnazija), en 1833, así como o Teatro Nacional (1835) e a Academia Militar (1837).

Belgrado tomou a dianteira ao converterse na sede do trono en 1841. A Universidade de Kragujevac non se restableceu até 1976. A Kragujevac contemporánea é coñecida polas súas fábricas de armas, munición, e sobre todo a factoría de automóbiles Zastava, que produciu o popular "Jugo", e que alcanzou un acordo de adquisición por parte do Grupo Fiat en 2008.[1]

Nome[editar | editar a fonte]

O nome da cidade deriva da palabra serbia "kraguj", que vén describir un tipo de "falcón", así que o seu nome pode interpretarse como "lugar de falcóns". Algúns mapas antigos mostran o nome como Krakow.

Historia[editar | editar a fonte]

Arquitectura en Kragujevac.

Máis de 200 sitios arqueolóxicos na rexión de Šumadija confirman que os primeiros asentamentos humanos da rexión producíronse fai uns 40.000 anos, durante o Paleolítico. Kragujevac foi mencionada por primeira vez no período medieval, en relación cunha praza pública construída no asentamento, mentres que a primeira mención escrita da cidade foi nun documento turco de 1476. Esta mención referíase ao asentamento como "aldea de Kragujevdza".

A cidade comezou a prosperar despois da liberación de Serbia da dominación turca, en 1818, cando o príncipe Miloš Obrenović proclamouna capital do novo Principado de Serbia.[2] A primeira constitución serbia proclamouse aquí en 1835. A primeira lei sobre a imprenta foi aprobada tamén en Kragujevac en 1870, cando a prosperidade da cidade achegoulle a outras capitais europeas da época.

O punto de inflexión no seu desenvolvemento xeral foi en 1851, cando comezou a fundición para a produción de canóns, comezando unha nova era no desenvolvemento económico da cidade. A principal industria nos séculos XIX e XX foi a militar. Kragujevac converteuse nun dos maiores exportadores de Serbia en 1886, cando o eixo ferroviario Belgrado - Nis conectou a través de Kragujevac.

Durante a Primeira Guerra Mundial, Kragujevac volveu ser a capital de Serbia entre 1914 e 1915, e a sede de moitas institucións estatais, incluso o mando supremo do exército serbio foi situado no edificio do Palacio de Xustiza. Durante a guerra, Kragujevac perdeu o 15% da súa poboación.

Masacre de Kragujevac[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda Guerra Mundial, os nazis cometeron o masacre de Kragujevac, o asasinato sistemático de entre 6.000 e 8.000 persoas entre o 19 e o 21 de outubro de 1941, en represalia por un ataque partisano sobre soldados alemáns.[3] Entre os mortos houbo unha xeración enteira de nenos, sacados directamente da escola.[3] O monumento aos alumnos executados é un símbolo da cidade. Esta atrocidade inspirou un poema titulado "Krvava bajka" (conto de fadas sanguento), composto por Desanka Maksimović, un poeta serbio moi coñecido na ex Iugoslavia.

No período posterior á guerra, Kragujevac tivo un importante desenvolvemento industrial. As súas principais exportacións eran turismos, camións e vehículos industriais, armas de caza, cadeas industriais, coiro e téxtiles. A maior industria da cidade foi Zastava, que deu emprego a decenas de miles de iugoslavos. Esta factoría sufriu debido ás sancións económicas durante a era Milošević, e foi case destruída polos bombardeos da OTAN de 1999.[4] A pesar do acordo co fabricante italiano de automóbiles Fiat,[1] e a probable renovación da fábrica, a cidade sofre actualmente unha alta taxa de desemprego. Dende 1976, Kragujevac creceu como centro universitario. A Universidade de Kragujevac inclúe as facultades de Medicina, Enxeñaría, Dereito, Economía, Filoloxía, Arte, Ciencias Naturais e Matemáticas.[5]

Municipios[editar | editar a fonte]

Edificio do Mercado central de Kragujevac.

Kragujevac está dividida en cinco municipios, que son os seguintes:

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2002, a composición étnica dos habitantes da área urbana era a seguinte:

Grupos étnicos da área municipal (censo de 2002)
Grupo étnico Poboación
Serbios 170.147
Romaníes 1.154
Iugoslavos 401
Macedonios 326
Croatas 204
Musulmáns de nacionalidade 151
Outros 3.197
TOTAL 180.252

Edificios e monumentos[editar | editar a fonte]

Porta principal da factoría de Zastava.
As "ás rotas", monumento en memoria das vítimas do masacre de 1941.
  • A Antiga igrexa da Vinda do Espírito Santo, construída en 1818, como parte da corte do Príncipe Miloš. O seu interior foi decorado entre 1818 e 1822. O campanario construíuse en 1907.
  • O Antigo Parlamento, construído no patio da igrexa na que se celebrou a reunión parlamentaria de 1859. Moitos eventos de gran importancia histórica, como a verificación da decisión do Congreso de Berlín sobre a independencia de Serbia, tiveron lugar alí. Despois de someterse á reconstrución en 1992, o edificio foi convertido en museo.
  • O Konak Amidža, mandado construír polo Príncipe Milo? en 1820 como casa residencial. É un dos mellores exemplos de arquitectura rexional de Serbia. Na actualidade alberga unha exposición do Museo Nacional.
  • O Konak Príncipe Miguel foi construído en 1860. A súa arquitectura baséase na tradición local con conceptos europeos. O edificio é agora o Museo Nacional.
  • O Gimnazija (Instituto) foi construído entre 1885 e 1887 segundo os planos do Ministerio de Enxeñaría Civil. É un dos edificios máis antigos da cidade deseñado nun estilo europeo, na tradición da Gimnazija máis antiga de Serbia desde 1833. Algúns famosos científicos de Serbia, artistas e políticos foron educados nesta escola.
  • O Parque memorial Šumarice, situado en Šumarice, conmemora os tráxicos acontecementos do 21 de outubro de 1941.
  • O Museo de Zastava, que se atopa dentro da fundición de armas antigas e exhibe a historia do desenvolvemento industrial da cidade.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

As cidades irmandadas con Kragujevac, e as súas datas de emparellamento son as seguintes:[6]

Nativos soados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kragujevac