Concello situado no centro da cidade polaca, en activo.Castelo dos Duques de Cieszyn. Alberga o museo da cidade de Bielsko-Biała.
Bielsko-Biała (en alemán: Bielitz-Biala; checo: Bílsko-Bělá) é unha cidade do sueste polaco situada no Voivodato de Silesia (dende 1999), previamente a capital do Voivodato de Bielsko-Biała (1975-1998). Bielsko-Biała está composta por dous núcleos de poboación establecidos a ambos lados do río Biała, Bielsko e Biała, unidos en 1951 como unha única cidade. Durante a primeira partición de Polonia no ano 1772, Biała foi anexionada por Austria e pasou a formar parte de Galicia ou Galitsia, a rexión histórica do leste de Europa.
A cidade de Bielsko-Biała foi fundada o 1 de xaneiro do ano 1951 cando as cidades adxacentes de Bielsko e Biała foron unificadas. Bielsko, a cal pertenceu durante séculos ao Duque de Cieszyn, foi fundada no ano 1312. Durante 1457 o río Biała serviu de fronteira entre a zona de Silesia e a pequena Polonia. Silesia entón pertencía a Austria, e a rexión da pequena Polonia a Polonia.[1] Non foi ata 1918 cando ambas cidades comezaron a formar parte do renacido país, contando cunha parte significativa da súa poboación pertencente a etnias xermanas. Durante a segunda guerra mundial a cidade foi sometida ao Terceiro Reich e a súa poboación xudía enviada ao campo de concentración de Auschwitz. Logo da liberación da cidade polo Exército Vermello en 1945, a poboación de etnia xermana foi expulsada da cidade.
O principal río que cruza e divide á cidade é o río Biała («Río Branco» en polaco) cunha lonxitude de 28,6km. É un afluente do Vístula. O seu nacemento esta localizado entre as ladeiras do Klimczok,Szyndzielnia e das montañas Magura, nunha elevación do redor de 800 m.
Río Biała.Pub Galicia Bielsko-Biała.Recreación da fronteira entre Galicia e Prusia, Bielsko-Biała.
Historicamente a fonte económica predominante da rexión foi a industrial. As máis antigas tradicións deste tipo remóntanse á Idade Media e están asociadas coa industria téxtil. Pero a día de hoxe existe un amplo abano de diferentes tipos de industria, o que lle valou á cidade a reputación de rica zona industrial.
A produción de equipamento electrónico, téxtil e as industrias químicas, así como grupos alimenticios e da madeira ocupan hoxe en día a cabeza da lista das empresas punteiras da cidade.
A súa economía continúa coa reestruturación e privatización. Como punto máis relevante da reestruturación a cidade recibiu a participación de investidores estranxeiros. Fiat Auto Poland, unha empresa creada pola marca Italiana Fiat e FSM é un dos exemplos máis notables.[2]
A universidade de Vigo mantén relacións en temas asociados coa telemática e filoloxía e tradución coa ATH, así como unha vía aberta de intercambio de estudantes grazas ao programa ERASMUS no que unha media de 3 alumnos galegos residen na cidade polaca nun intervalo de entre 5 meses e un ano.[3][4]
Podbeskidzie Bielsko-Biała - equipo de fútbol masculino(xogando na Primeira División polaca dende 2002/2003).
BBTS Siatkarz Original Bielsko-Biała - equipo masculino de voleibol que xoga actualmente na Liga Polaca De Voleibol (Polska Liga Siatkówki, PLS: Seria A en 2003/2004, Seria B en 2004/2005).
BKS Stal Bielsko-Biała - equipo feminino de voleibol:Campión de Polonia en 2004, xogando na serie A da Liga Feminina de Voleibol.