Hunan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 27°24′N 111°48′L / 27.400, -111.800

O Pico dos cinco dedos, de areísca cuarzosa de Wulingyuan, en Hunan, patrimonio da Humanidade

Hunan (en chinés 湖 南, en pinyin: Húnán) é unha provincia situada no centro da China.

Xeografía, historia, etnias e linguas[editar | editar a fonte]

Localización de Hunan na China

A súa capital e cidade máis grande es Changsha, nas ribeiras do río Xiang. Cunha poboación de puoco máis de 67 millóns de habitantes (datos de 2014), que residen nun territorio de aproximadamente 210 000 km², é a sétima provincia máis poboada da China e a décima provincia más extensa do país.

O nome de Hunan significa literalmente «sur do lago».[1] Este lago ao que se fai referencia é o lago Dongting, no nordeste da provincia. Situada no treito medio da conca do río Yangtzé, limita coas provincias de Hubei ao norte, Jiangxi ao leste, Guangdong e Guangxi ao sur, Guizhou ao oeste e Chongqing ao noroeste.

A zona de Hunan caeu baixo o dominio chinés contra o ano 350 a. C., cando a provincia converteuse en parte do Estado de Chu. Hunan foi o lugar de nacemento do revolucionario comunista chinés Mao Zedong,[2] quen se convirteu no pai fundador da República Popular Chinesa.

Hoxe en día, Hunan é o fogar dalgunhas minorías étnicas, incluídos os tujia e os miao, xunto cos chineses han, que constitúen a maioría da poboación. As variedades de chinés que se falan inclúen o xiang, o gan e o mandarín do suroeste. O sitio de Wulingyuan foi inscrito como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1992.[3]

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Hunan divídese en catorce divisiónes do nivel de prefectura: trece cidades de nivel de prefectura e unha prefectura autónoma:

Mapa # Nome Escrita chinesa Pinyin Tipo
HunanMap.png
1 Changsha 长沙市 Chángshā Shì Cidade-prefectura
2 Changde 常德市 Chángdé Shì Cidade-prefectura
3 Chenzhou 郴州市 Chénzhōu Shì Cidade-prefectura
4 Hengyang 衡阳市 Héngyáng Shì Cidade-prefectura
5 Huaihua 怀化市 Huáihuà Shì Cidade-prefectura
6 Loudi 娄底市 Lóudǐ Shì Cidade-prefectura
7 Shaoyang 邵阳市 Shàoyáng Shì Cidade-prefectura
8 Xiangtan 湘潭市 Xiāngtán Shì Cidade-prefectura
9 Yiyang 益阳市 Yìyáng Shì Cidade-prefectura
10 Yongzhou 永州市 Yǒngzhōu Shì Cidade-prefectura
11 Yueyang 岳阳市 Yuèyáng Shì Cidade-prefectura
12 Zhangjiajie 张家界市 Zhāngjiājiè Shì Cidade-prefectura
13 Zhuzhou 株州市 Zhūzhōu Shì Ciedade-prefectura
14 Xiangxi 湘西土家族苗族自治州 Xiāngxī Tǔjiāzú Miáozú Zìzhìzhōu Prefectura autónoma

As catorce divisións a nivel de prefectura de Hunan subdivídense en 122 divisións a nivel de condado (35 distritos, 17 cidades-condado, 63 condados e 7 condados autónomos). Estas á súa vez comprenden 2 587 divisións a nivel de municipio (1098 pobos, 1 158 municipios, 98 pobos étnicos, 225 subdistritos e oito oficinas públicas de distrito). A finais de 2017, a poboación total era de 68,6 millóns de habitantes.

Áreas urbanas[editar | editar a fonte]

Poboación por áreas urbanas de prefecturas e cidades-condado
# Cidade Área urbana[4] Área de distrito[4] Cidade propia[4] Data censo
1 Changsha[5] 2,963,218 3,092,213 7,040,952 2010-11-01
(1) Changsha (nuevo distrito)[5] 230,136 523,660 ver Changsha 2010-11-01
2 Hengyang 1,115,645 1,133,967 7,148,344 2010-11-01
3 Zhuzhou[6] 999,404 1,055,150 3,857,100 2010-11-01
(3) Zhuzhou (nuevo distrito)[6] 94,326 383,598 ver Zhuzhou 2010-11-01
4 Yueyang 924,099 1,231,509 5,476,084 2010-11-01
5 Xiangtan 903,287 960,303 2,752,171 2010-11-01
6 Changde 846,308 1,457,419 5,714,623 2010-11-01
7 Yiyang 697,607 1,245,517 4,307,933 2010-11-01
8 Liuyang 588,081 1,279,469 ver Changsha 2010-11-01
9 Chenzhou 582,971 822,534 4,583,531 2010-11-01
10 Shaoyang 574,527 753,194 7,071,735 2010-11-01
11 Yongzhou 540,930 1,020,715 5,194,275 2010-11-01
(12) Ningxiang[7] 498,055 116,6138 ver Changsha 2010-11-01
13 Leiyang 476,173 1,151,554 ver Hengyang 2010-11-01
14 Huaihua 472,687 552,622 4,741,673 2010-11-01
15 Liling 449,067 947,387 ver Zhuzhou 2010-11-01
16 Loudi 425,037 496,744 3,784,634 2010-11-01
17 Changning 332,927 810,447 ver Hengyang 2010-11-01
18 Miluo 321,074 692,080 ver Yueyang 2010-11-01
19 Yuanjiang 281,097 666,270 ver Yiyang 2010-11-01
20 Zhangjiajie 250,489 494,528 1,478,149 2010-11-01
21 Lianyuan 245,360 995,515 ver Loudi 2010-11-01
22 Lengshuijiang 238,275 327,146 ver Loudi 2010-11-01
23 Linxiang 225,054 498,319 ver Yueyang 2010-11-01
24 Zixing 215,707 337,294 ver Chenzhou 2010-11-01
25 Jishou 212,328 302,065 parte da Prefectura autónoma tujia e miao de Xiangxi 2010-11-01
26 Xiangxiang 210,799 788,216 ver Xiangtan 2010-11-01
27 Hongjiang 197,753 477,996 ver Huaihua 2010-11-01
28 Wugang 187,436 734,870 ver Shaoyang 2010-11-01
29 Jinshi 156,230 250,898 ver Changde 2010-11-01
30 Shaoshan 27,613 86,036 ver Xiangtan 2010-11-01

Política[editar | editar a fonte]

Estatua do mozo Mao Zedong en Hunan.

A política de Hunan está estruturada nun sistema de duplo partido-goberno como todas as demais institucións de goberno da China continental.

O gobernador de Hunan é o funcionario de máis alto rango no goberno popular de Hunan.

Porén, no sistema de goberno de duplo partido-goberno da provincia, o gobernador ten menos poder que o Secretario do Comité Provincial do Partido Comunista Chinés de Hunan, denominado coloquialmente como o "Xefe do PCCh de Hunan".

Cultura[editar | editar a fonte]

A industria cultural de Hunan xerou 87 mil millóns de iuans en valor económico en 2007, e é un importante contribuínte ao crecemento económico da provincia. Esta industria representa o 7,5 % do PIB da rexión.[Cómpre referencia]

Idioma[editar | editar a fonte]

O chinés xiang (湘語) é a variedade homónima de chinés que se fala en Hunan. Ademais do chinés xiang, tamén hai outros dialectos e idiomas presentes, como o mandarín do suroeste, o hakka, o waxiang e o shaozhou tuhua. O Nü shu, un sistema de escritura para o shaozhou tuhua, úsase exclusivamente entre mulleres no condado de Jiangyong e áreas veciñas no sur de Hunan.[Cómpre referencia]

Gastronomía[editar | editar a fonte]

A cociña de Hunan destaca polo uso case ubicuo de chiles, allos e chalotas. Estes ingredientes dan lugar a un sabor distintivo seco e picante (en chinés 干辣; gān là),[8] con pratos como touciño afumado e carne de res picante rustrida como exemplos principais do sabor.[8]

Música[editar | editar a fonte]

O huaguxi é unha forma local de ópera chinesa que é moi popular na provincia de Hunan.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Origin of the Names of China's Provinces Copia arquivada en Wayback Machine, People's Daily Online.
  2. Schram, Stuart R. (Stuart Reynolds), 1924-2012. (1967). Mao Tse-tung. Harmondsworth: Penguin. ISBN 0140208402. OCLC 7874661. 
  3. Centre, UNESCO World Heritage. "Wulingyuan Scenic and Historic Interest Area". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de junio de 2019. Consultado o 12 de junio de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 国务院人口普查办公室、国家统计局人口和社会科技统计司编 (2012). 中国2010年人口普查分县资料. Beijing: China Statistics Print. ISBN 978-7-5037-6659-6. 
  5. 5,0 5,1 Novo distrito establecido despois do censo: Wangcheng (condado de Wangcheng). O novo distrito non está incluído no reconto de área urbana e área de distrito da cidade previamente expandida.
  6. 6,0 6,1 Novo distrito establecido despois do censo: Lukou (condado de Zhuzhou). O novo distrito non está incluído no reconto de área urbana e área de distrito da cidad previamente expandida.
  7. O condado de Ningxiang coñécese actualmente como CLC de Ningxiang despois do censo.
  8. 8,0 8,1 Eats, Serious. "A Song of Spice and Fire: The Real Deal With Hunan Cuisine". www.seriouseats.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de junio de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]