Saltar ao contido

Michel Houellebecq

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichel Houellebecq

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Michel Thomas Editar o valor en Wikidata
26 de febreiro de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Saint-Pierre (Francia) Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole nationale supérieure Louis-Lumière (en) Traducir (–1981)
Institut National Agronomique Paris-Grignon (en) Traducir
Lycée Chaptal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, fotografía, dirección de cine e guión cinematográfico Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, actor, fotógrafo, guionista de cinema, escritor, novelista, compositor de cancións, ensaísta, director de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorAsemblea Nacional de Francia (1990–1996)
Logica (en) Traducir (1983–)
Ministry of Agriculture and Food (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e ensaio Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioMichel Houellebecq Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
NaiLucie Ceccaldi Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmichelhouellebecq.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0396391 Allocine: 38401 Rottentomatoes: celebrity/michel_houellebecq Allmovie: p273412 Metacritic: person/michel-houellebecq
BNE: XX1369974 Bitraga: 1732 Dialnet: 1890962 Souncloud: michelhouellebecq Last fm: Michel+Houellebecq Musicbrainz: e26c4192-074a-4e36-a432-e29b01772511 Songkick: 342705 Discogs: 31839 Allmusic: mn0000474567 Editar o valor en Wikidata
Michel Houellebecq, en Varsovia, xuño de 2008.
Michel Houellebecq (2008).

Michel Thomas Houellebecq, nado en Saint Pierre (Departamento de Reunión) o 26 de febreiro de 1955, é un escritor contemporáneo francés. As súas novelas Les Particules élémentaires e Plateforme son verdadeiras insignias da nova narrativa francesa de finais do século XX e comezos do XXI. Tanto unha coma a outra valéronlle fama de provocador pero tamén a aclamación literaria internacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, guía de alta montaña con varios outros empregos pouco remunerados, e a súa nai, médica anestesista e muller dinámica e de conviccións, resultan pais atípicos, pois aparentemente desentendéronse del desde case un meniño. Con moi poucos anos trasládano a Alxer, onde vivirá coa súa avoa materna ata cumprir os cinco. Repatriado a Francia, é a súa avoa paterna Henriette, comunista, a que se fará cargo del. Dela adoptará o seu apelido como pseudónimo.

Vive en Dicy dans l'Yonne e despois en Crécy-la-Chapelle (no Departamento do Sena e Marne). Internado no liceo Henri Moissan de Meaux, descobre a Lovecraft con 16 anos. En 1975 matricúlase no Institut National Agronomique Paris-Grignon, de onde sae diplomado en 1978 cunha especialización en "Posta en valor do medio natural e ecoloxía". A súa avoa morre ese mesmo ano. En 1980 casa cunha irmá dun amigo e recibe o diploma de enxeñeiro agrónomo. Será alumno da École Nationale Supérieure Louis Lumière, na sección de cinematografía, de onde sairá diplomado en 1981. Este mesmo ano nace o seu fillo Étienne. O divorcio e unha depresión profunda condúceno a unha estancia nun psiquiátrico.

En 1985 encóntrase e simpatiza con Michel Bulteau, director da Nouvelle Revue de París, quen o inicia en autores raros coma o Barón Corvo, en quen Houellebecq recoñece hoxe un dos seus escritores fetiche. En 1991 publica a biografía de Howard P. Lovecraft, Contra o mundo, contra a vida (Contre le monde, contre la vie) e comeza a traballar na Asemblea Nacional Francesa como técnico informático. Este mesmo ano aparece Seguir vivo, ("Rester vivant") e ó seguinte a primeira recolla dos seus poemas A persecución da felicidade ("La poursuite du bonheur"), que pasan desapercibidos. Os seus temas anticipan o que será tratado nas súas novelas: a soidade existencial, a denuncia do liberalismo, o amor e a intimidade dos individuos.

En 1998 casou con Marie-Pierre Gauthier, a quen coñecera en 1992. Ademais de vivir en Francia, Michel Houellebecq, residiu en Irlanda, no condado de Cork, e en España, en Lanzarote (Illas Canarias) e no parque natural de Cabo de Gata (provincia de Almería), onde escribiu a súa última novela A posibilidade dunha illa (2005).

A súa primeira novela, Extension du domaine de la lutte, publicouna Maurice Nadeau en 1994 despois de que fora rexeitada por varios editores. Nela Houellebecq fócase na miseria afectiva do home contemporáneo. Sen publicidade, o libro promociónase boca a boca. Será adaptada ó cine en Francia por Philippe Harel en 1999 e á televisión dinamarquesa por Jens Albinus en 2002.

Les Particules élémentaires, a súa novela seguinte, provoca unha ampla cobertura nos medios debido á expulsión do autor da revista literaria de tendencia esquerdista Perpendiculaire á que pertencía acusado de ideas "douteuses" ('dubidosas, erróneas, pouco ortodoxas'). A réplica do autor en Le monde daralle ampla publicidade.

Les Particules élémentaires obterán o Premio Novembre dun xurado no que está presente o mesmo Philippe Sollers, a quen ataca na novela. A tradución ó inglés baixo o título de Atomised de Frank Wynne foi merecedora do Premio IMPAC 2002.

Houellebecq sempre concedeu un lugar importante á súa obra ensaística. Interveu en Les Inrockuptibles, Perpendiculaire, L'Atelier du Roman así como na prensa internacional.

Unha mostra importante da súa poesía atópase rexistrada nun CD, Presence Humaine (Presenza Humana) (Tricatel Records).

En 2004, Houellebecq foi transferido da súa antiga editora, Flammarion, para Éditions Fayard, do puxante grupo Lagardère, que lle asegurou para a súa última novela, A posibilidade dunha illa (La Possibilité d'une île) un lanzamento pouco habitual en Francia, país onde ocupou unha gran parte das páxinas culturais dos medios no verán do 2005.

Aínda que se daba por descontado que Houellebecq levaría o Premio Goncourt 2005 por A posibilidade dunha illa, o premio recaeu en Trois jours chez ma mere, a quinta novela do belga François Weyergans (Bruxelas, 1941). Houellebecq non tivo reparos en afirmar que a súa era a mellor novela da temporada literaria francesa.

Crítica literaria e estilística

[editar | editar a fonte]

Os personaxes das novelas de Houellebecq levan unha vida gris, non teñen un atractivo nin un encanto especial, non teñen traballos divertidos, pero son mirados polo autor sen maldade e con tenrura. Son "personaxes de clase media, escépticos e desencantados, perdidos nun mundo que idolatra o sexo e que fixo un obxecto de consumo de toda a súa ideoloxía" (Cristina Fanjul).

Extension du domaine de la lutte é unha novela sobre o individuo contemporáneo imbuída de filosofía existencialista schopenhaueriana. A seguinte, Les Particules élémentaires, unha novela de "depresiva lucidez" sobre dous medioirmáns, converteuse nun clásico nihilista que The New York Times cualificou de "unha lectura fondamente repugnante".

Plateforme, a terceira, é a crónica da desesperanza dos nosos días: a imposibilidade do paraíso nunha carreira cara a ningures. Foi publicada antes do atentado ás Torres Xemelgas.

A imposibilidade dunha illa, a última ata o momento, narra a mutación dos seres humanos a través da historia agónica de Daniel, iniciador dunha nova saga de neohumanos, e de dous dos seus descendentes clónicos, que só deixan entrever unha visión desolada e docemente apática do porvir.

A ficción de Houellebecq, vitalista pero impregnada de pesimismo elexíaco, reflicte á vez unha aguda e despiedada observación da realidade e o fracaso e nihilismo a que son abocados os seus personaxes.

Realistamente gráfico, oportunistamente fantástico nos seus desenlaces, lúcido e cáustico no estilo, Houellebecq relátanos con desdén e crueza a cara escura que nos legou o século XX: a vida dominada polo consumismo, o declinio dos primitivos valores cristiáns na sociedade occidental, a ausencia de perspectivas de futuro da man de calquera outra relixión ou filosofía moderna, e a incapacidade do home moderno, só e abandonado á súa sorte, para facer fronte ós retos dun medio cada vez máis alienante e insufrible.

Influencias e similitudes estilísticas

[editar | editar a fonte]

Entre os escritores favoritos de Houellebecq están: Howard Phillips Lovecraft, Charles Baudelaire, Frederick Rolfe, Honoré de Balzac, Gustave Flaubert, Georges Perec, Pierre Louys, Thomas Mann, Arthur Rimbaud, Alphonse de Lamartine, Eugène Ionesco, Clifford D. Simak, Xoán o Evanxelista e Paulo de Tarso.

O seu estilo foi considerado por distintos críticos próximo ó de Un feliz mundo novo de Aldous Huxley, American Psycho de Bret Easton Ellis, Kurt Vonnegut, Maryse Choisy, Douglas Coupland ou James Graham Ballard.

Filosoficamente encóntrase próximo a Friedrich Nietzsche, Arthur Schopenhauer e Louis-Ferdinand Céline.

Controversias

[editar | editar a fonte]

A raíz da súa terceira novela e de posteriores declaracións ós medios, Houellebecq foi acusado de misantropía, misoxinia e islamofobia. Axuizado por inxurias á relixión e incitación ó odio racial por diversas asociacións musulmás e pola Liga Francesa polos Dereitos Humanos foi absolto sen cargos ó estimar o tribunal que o xulgou que non existían razóns para seren tomadas por «racismo antimusulmán» como pretendía a acusación e que a crítica ás relixións era un dereito nun estado laico. Adorado por incondicionais e vilipendiado como pornógrafo, misóxino e racista polos seus opoñentes, Houllebecq segue a ser o autor máis polémico e controvertido da última década.

En 1998, recibiu o "Prix Novembre" por Les Particules Elémentaires e o "Grand Prix National des Lettres" polo conxunto da súa obra. As partículas elementais, traducidas ó inglés como Atomised por Frank Wynne, valéronlle o "International IMPAC Dublin Literary Award" en 2002. Deste libro, que o consagrou como escritor, vendéronse 250.000 exemplares nos tres primeiros meses. As recentes vendas dos dereitos cinematográficos das súas novelas tornárono millonario. En marzo de 2004 recibiu en Murcia o Premio Schopenhauer.

Nas entrevistas que concede continúa declarándose indiferente ós premios e honores que recibiu mais non tivo reparos para manifestar o seu desdén con relación á decisión dos membros do Premio Goncourt 2005. En novembro do 2005 foi galardoado en León co Premio Leteo. A posibilidade dunha illa foi unha das cinco novelas finalistas do Premio de Novela Europea do Casino de Santiago de Compostela. Esta mesma novela obtivo o Prix Interallié 2005.

Listaxe de obras

[editar | editar a fonte]
  • Contre le monde, contre la vie, ensaio sobre Lovecraft, Éditions du Rocher (1991)
  • Rester vivant, método, La Différence (1991)
  • La Poursuite du bonheur, poemas, La Différence (1992)
  • Extension du domaine de la lutte, novela, Maurice Nadeau (1994)
  • Le Sens du combat, poemas, Flammarion (1996)
  • Interventions, recolla de ensaios, Flammarion (1998)
  • Les Particules élémentaires, novela, Flammarion (1998)
  • Renaissance, poemas, Flammarion (1999)
  • Lanzarote, relato breve, Flammarion (2000)
  • Plateforme, novela, Flammarion (2001)
  • A posibilidade dunha illa (La Possibilité d'une île, novela, 2005). Traducida ó galego por Isabel García Fernández e publicada por Rinoceronte Editora no 2006.

As súas obras están traducidas a máis de 36 linguas.

Cinematografía

[editar | editar a fonte]

Realizacións

[editar | editar a fonte]
  • La Rivière (2001) (16 minutos)
  • Déséquilibres (1982) (12 minutos)
  • Cristal de souffrance (1978) (30 minutos)
  • 1999 : Extension du domaine de la lutte, en colaboración con Philippe Harel
  • 2002 : Monde extérieur de David Rault e David Warren en colaboración con Loo Hui Phang

Filmes, curtametraxes sobre a súa obra

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]