SAS Group
SAS Group | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() | |||
Tipo | negocio, empresa e empresa de capital aberto ![]() | ||
Forma xurídica | aktiebolag ![]() | ||
Personalidades | |||
Propietario/a | Ministry of Finance of Denmark (en) ![]() ![]() ![]() | ||
Fundador/a | Aerotransport (en) ![]() ![]() ![]() | ||
Persoas relevantes | Anko van der Werff (pt) ![]() ![]() ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | transporte aéreo (pt) ![]() ![]() | ||
Entidades | |||
Entidades subsidiarias
| |||
Economía | |||
Data | |||
Fundación | 1946 ![]() | ||
Localización | |||
País | Suecia ![]() | ||
Sede | Estocolmo ![]() | ||
Área de operación | Europa ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | sasgroup.net ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Scandinavian Airlines System Aktiebolag, comercializada como SAS Group e SAS AB, é un grupo de aeroliñas con sede no edificio de oficinas SAS Frösundavik no municipio de Solna, Suecia. É a dona das aeroliñas Scandinavian Airlines, Blue1 e do 20% de Widerøe. SAS posuía tamén o 19,9% da desaparecida aeroliña española Spanair. Tamén é propietaria das compañías de servizos aeronáuticos SAS Business Opportunities, SAS Cargo Group, SAS Ground Services e SAS Technical Services. Ten ademais accións minoriatarias en Air Greenland, Estonian Air e Skyways Express. O SAS Group é propiedade parcialmente dos gobernos de Suecia, Dinamarca e Noruega, cun 21,4%, 14,3% e 14,3% das súas accións respectivamente. O 50% restante está en mans privadas, das cales só Foundation Asset Management ten unha porcentaxe significativa cun 7,6%. A compañía está listada nas bolsas de Oslo, Estocolmo e Copenhague.
O conglomerado fundouse en 1951 como unha fusión entre as tres aeroliñas nacionais escandinavas, Aerotransport (ABA), Det Danske Luftfartselskab (DDL) e Det Norske Luftfartselskap (DNL), despois de que as tres viñesen cooperando en rutas internacionais dende 1946. Ata o ano 2001 as tres compañías nacionais posuíron unha participación fixa do SAS Group, e despois dese ano fusionáronse as súas accións. O SAS Group foi propietario do Rezidor Hotel Group e de Braathens, e tivo accións minoritarias de bmi, airBaltic, Thai Airways International e Lan Airlines. SAS foi fundadora do sistema de reservas coputerizado Amadeus e da alianza Star Alliance, da cal son membros varias das aeroliñas do grupo. SAS utiliza o programa de voo frecuente EuroBonus.