Aeroporto de Trondheim, Værnes
| Aeroporto de Trondheim, Værnes | |
|---|---|
| Stjørdal (pt) | |
|
Instancia de
| |
|
Epónimo
| |
|
Estado de uso
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Operador/a
| |
|
Propietario/a
| |
|
Clientela
3803933 (2022)
2028103 (2021) 116829 (decembro de 2020) 93893 (novembro de 2020) 166318 (outubro de 2020) 153180 (setembro de 2020) 142141 (agosto de 2020) 138607 (xullo de 2020) 95214 (xuño de 2020) 54309 (maio de 2020) 35257 (abril de 2020) 165705 (marzo de 2020) 321131 (febreiro de 2020) 320416 (xaneiro de 2020) 1802826 (2020) 4381921 (2019) 303386 (decembro de 2018) 384198 (novembro de 2018) 427245 (outubro de 2018) 412082 (setembro de 2018) 385155 (agosto de 2018) 351825 (xullo de 2018) 413942 (xuño de 2018) 390619 (maio de 2018) 370570 (abril de 2018) 353965 (marzo de 2018) 320103 (febreiro de 2018) 4441870 (2018) 4420153 (2018) 307063 (xaneiro de 2018) 4428897 (2017) 4413714 (2016) 4417490 (2016) 4352721 (2015) 4347706 (2015) 4416681 (2014) 4313547 (2013) 4160284 (2012) 3926461 (2011) 3521734 (2010) 3424965 (2009) 3474264 (2008) 3406281 (2007) 3167601 (2006) 2935799 (2005) 2792352 (2004) 2614133 (2003) 2529876 (2002) 2705636 (2001) 2831607 (2000) | |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Inauguración
| |
| Transporte | |
|
Ofrece servizo a
| |
|
Código IATA
| |
|
Código ICAO
| |
| Localización | |
|
Situado en
| |
|
Localización
| |
|
País
| |
|
Altitude
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
O aeroporto de Trondheim, Værnes (IATA: TRD, OACI: ENVA) é un aeroporto internacional que serve a Trondheim, unha cidade e municipio no condado de Sør-Trøndelag, en Noruega. Está situado en Værnes, unha vila no municipio de Stjørdal, no condado de Nord-Trøndelag, a 19 quilómetros ao leste de Trondheim. Operado pola compañía estatal Avinor, comparte instalacións coa Estación Aérea de Værnes da Real Forza Aérea de Noruega. No ano 2017 usaron o aeroporto un total de 4 428 897 pasaxeiros, sendo o cuarto máis concorrido do país.[1] O aeroporto ten dúas terminais; unha data de 1994 e úsase para o tráfico doméstico, mentres que a outra é a renovación da antiga terminal principal de 1982 usada para voos internacionais.
As principais aeroliñas no aeroporto son Scandinavian Airlines (SAS), Norwegian Air Shuttle e Widerøe; as tres compañías teñen Trondheim como unha cidade foval. A principal ruta é o servizo cara a Oslo, operado tanto por SAS como por Norwegian, sendo a décima ruta máis concorrida de Europa. Ámbalas dúas aeroliñas operan servizos usando tamén o Boeing 737 cara a Bergen, Bodø e Tromsø. SAS ten algúns servizos domésticos adicionais, mentres que Norwegian ten varias rutas internacionais de baixa frecuencia no aeroporto. Widerøe opera o avión rexional Dash 8 cara seis aeroportos en Helgeland, ademais de voar tamén a Sandefjord. Krohn Air proporciona servizos cara Molde. Trondheim ten servizos internacionais diarios cara Copenhague proporcionados por SAS, e cara Ámsterdam operados por KLM. O aeroporto tamén opera voos chárter, principalmente cara ao Mediterráneo.
Værnes foi posto en uso polo exército de Noruega no ano 1887. O primeiro voo realizouse en 1914 e pouco a pouco foron construíndo as instalacións do aeródromo. As primeiras instalacións de certa consideración, entre as que había tres pistas de cemento, foron construídas pola Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. Tras a guerra a Escola de Pilotos da Forza Aérea trasladouse a Værnes, aínda que en 1954 a meirande parte das outras actividades da forza aérea no centro de Noruega trasladáronse á base aérea de Ørland. A aviación civil comezou en 1951, cando a metade dos barracóns foron collidos para ser usados como terminal; a totalidade do edificio sería usado dende 1958. Os reactores comezaron a operar en Værnes en 1963, e a segunda terminal inaugurouse en 1965. A terceira terminal (a actual terminal internacional B) abriuse en 1985 e a cuarta, a terminal A, en 1994, xunto coa estación de ferrocarril.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| West Air Sweden operando para Posten Norge |
Oslo-Gardermoen |
| Benair Norway operando para DHL Aviation |
Oslo-Gardermoen |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Avinor (ed.). "Statistics". Consultado o 15 de febreiro de 2018.
