Tutuila
Tutuila | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | Pago Pago |
País | Estados Unidos |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | |
Linguas | |
Poboación (2000) | 55.400 hab. |
Superficie | 141´81 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 14°17′42″S 170°42′00″O / -14.29500, -170.70000Coordenadas: 14°17′42″S 170°42′00″O / -14.29500, -170.70000 |
Maior Altura | 653 m. Matafao Peak |
Localización | |
![]() |
Tutuila é a principal e a máis grande illa da Samoa Americana, e a terceira illa máis grande da cadea das illas de Samoa. A illa destaca no Pacífico Central polo seu gran porto natural: o porto de Pago Pago, que é a capital da Samoa Americana. No século XIX, Tutuila chamábase Maouna.
A área da illa é de 141,81 km², e tiña unha poboación de 55.876 habitantes (censo 2000) (estas cifras inclúen a illa Aunu'u, fronte á costa sueste de Tutuila, que ten unha superficie de 1,517 km² e unha poboación de 476 habitantes). O punto máis alto da illa é Matafao Peak (653 m).
Politicamente, a illa está dividida en dúas divisións principais, o Distrito Leste e o Distrito Oeste.
