Roi Fernandiz de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoi Fernandiz de Santiago
Biografía
NacementoSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador , clérigo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XIII Editar o valor em Wikidata

Roi Fernandiz de Santiago (tamén Roi Fernandiz clérigo) foi un clérigo e trobador galego do século XIII.[1] Documéntase na corte de Afonso X.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Consérvanse moi poucos datos biográficos. A pesar de que a súa obra aparece con dúas firmas distintas (as cantigas de amor como Roi Fernandiz de Santiago e as de amigo como Roi Fernandiz clérigo) hai consenso en crer que son do mesmo autor. A esta conclusión chegouse pola colocación das cantigas nos cancioneros (no grupo de clérigos e na mesma posición con respecto ás obras de Martin Moxa) e por un testamento de 1273 no que refírese a el como natural de Compostela e clérigo.[3] Este documento realizado en Salamanca, xunto con outra documentación dos inicios da Universidade de Salamanca, reflicten a súa condición de catedrático, suponse que non antes de 1255, descoñecendo de que materia e se impartía clase.[3] Xavier Ron Fernández localizou un documento de 1284 co seu nome referido a el como monxe do Mosteiro de San Pelayo de Antealtares, de ser a mesma persoa, tería falecido máis dunha década máis tarde da data na que realizou o seu testamento.

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse 25 obras, agrupadas en 18 cantigas de amor e 7 cantigas de amigo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía". bernal.cirp.gal. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Rui Fernandes de Santiago". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "As cantigas de Roi Fernandiz, clérigo de Santiago". uvigo.es. (ISBN 978-84-8158-486-8). Consultado o 3 de abril de 2021.