Jerian Grant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerian Grant
Olimpia Milano
Información persoal
Nacemento 9 de outubro de 1992 (31 anos)
Maryland Silver Spring, Maryland
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto DeMatha (Hyattsville, Maryland)
Universidade Notre Dame (2011–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 1 / Elección: 19
Por Washington Wizards
Carreira dende 2015
Historial de equipos
New York Knicks (2015–2016)
Chicago Bulls (2016–2018)
Windy City Bulls (2016)
Orlando Magic (2018–2019)
Capital City Go-Go (2019–2020)
Washington Wizards (2020)
Promitheas Patras (2020–2021)
Olimpia Milano (2021–presente)

Holdyn Jerian Grant, nado o 9 de outubro de 1992 en Silver Spring, Maryland, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Olimpia Milano da Lega Basket Serie A italiana.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Grant foi elixido na 19ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Washington Wizards. Os seus dereitos foron traspasados primeiro ós Atlanta Hawks, e despois ós New York Knicks a cambio de Tim Hardaway, Jr..[1]

O 22 de xuño de 2016, Grant foi traspasado xunto a José Calderón e Robin Lopez ós Chicago Bulls, a cambio de Derrick Rose, Justin Holiday e unha elección da segunda rolda do Draft de 2017.[2]

O 7 de xullo de 2018, Grant foi traspasado ós Orlando Magic nun traspaso entre tres equipos.[3] O 30 de xuño de 2019, os Magic non ofreceron a renovación a Grant, e o xogador converteuse en axente libre.

O 1 de xullo de 2020, Grant asinou cos Washington Wizards.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Knicks Acquire Draft Rights To Jerian Grant". NBA.com. 25 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  2. "Bulls send Derrick Rose to New York in five-player deal". NBA.com. 22 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2016. 
  3. Denton, John (8 de xullo de 2018). "Magic Acquire Jerian Grant and Timofey Mozgov in Three-Team Trade". NBA.com. Consultado o 8 de xullo de 2018. ...the Orlando Magic acquired point guard Jerian Grant and reserve center Timofey Mozgov on Saturday night. 
  4. "Wizards add Jerian Grant". NBA.com. 1 de xullo de 2020. Consultado o 1 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]