Saltar ao contido

Rafael Martín Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Martín Vázquez

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso76 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata - 1998 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Liga2. Bundesliga Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1983-1983 Real Madrid Castilla Club de Fútbol 14(3)
1983-1990 Real Madrid Club de Fútbol 179(35)
1990-1992 Torino FC 52(2)
1992-1992 Olympique de Marsella 7(1)
1992-1995 Real Madrid Club de Fútbol 73(7)
1995-1997 Deportivo da Coruña 17(2)
1997-1998 Celaya Fútbol Club (pt) Traducir 10(0)
1997-1998 Atlético Celaya
1998-1998 Karlsruher SC 5(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1983-1984   España sub-18 10(2)
1984-1984   España de afeccionados 1(0)
1984-1988   España sub-21 15(1)
1987-1987   España sub-23 2(1)
1987-1992   España 38(1) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1990Mundial de Fútbol Italia 1990
xuño de 1988Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988 Editar o valor em Wikidata

BNE: XX4681162 FIFA: 166469 Editar o valor em Wikidata

Rafael Martín Vázquez, nado en Madrid o 25 de setembro de 1965, e un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertenceu, xunto con Emilio Butragueño, Manuel Sanchís Hontiyuelo, Miguel González "Míchel" e Miguel Pardeza, á xeración de xogadores madridistas procedentes da canteira do "Castilla" popularmente coñecida como Quinta del Buitre e, aínda que non foi o máis recoñecido de entre todos eles, si foi talvez o máis dotado tecnicamente.

Tras ser formado nas categorías inferiores do Real Madrid e ser escollido mellor xogador do Mundial Xuvenil de 1981 debutou en partido oficial con 17 anos nun Murcia-Real Madrid. Co Real Madrid gañou seis trofeos de Liga e dúas Copas da UEFA.

A técnica individual de Rafael Martín Vázquez fixo del un dos mellores centrocampistas ofensivos do mundo no seu momento, aínda que o seu carácter reservado, o seu xogo excesivamente cerebral e a súa escasa brega sobre o terreo de xogo convertérono nun dos chibos expiatorios da esixente, e con frecuencia inxusta, afección madridista. Logo de protagonizar a mellor tempada da súa carreira co Real Madrid, a 1989/90 ás ordes do adestrador galés John Benjamin Toshack, Rafael Martín Vázquez converteuse nun dos xogadores máis codiciados do momento pero Ramón Mendoza, entón presidente do Real Madrid, negouse a relizar unha renovación ao alza do xogador, polo que este terminou aceptando a oferta do Torino italiano, no cal, malia ser o estranxeiro mellor pago do Calcio, nunca chegou a mostrar o sobresaínte nivel de xogo alcanzado na súa primeira traxectoria madridista.

Tralo seu errado paso polo equipo turinés, a carreira futbolística de Martín Vázquez foise diluíndo nun longo peregrinar de equipo en equipo (incluíndo o regreso ao equipo madridista entre 1992 e 1995) e de lesión en lesión, ata a súa retirada definitiva do fútbol activo no ano 1998.

Coa selección española xogou un total de 38 partidos e disputou o Mundial de Italia´90.

Actualmente, Rafael Martín Vázquez forma parte do persoal técnico do Real Madrid e colabora con diferentes programas de radio como comentarista.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Martín Vázquez xogou 34 partidos coa selección española, incluíndo a Eurocopa 1988 e o Mundial de Fútbol Italia 1990. O seu debut produciuse o 23 de setembro de 1987, nun partido amigable contra Luxemburgo.

Goles internacionais

[editar | editar a fonte]
# Data Lugar Opoñente Gol Resultado Competición
1. 4 de setembro de 1991 Carlos Tartiere, Oviedo, España Uruguai Uruguai 1–0 2–1 Amigable

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]