Xosé Antón Gómez Segade
Xosé Antón Gómez Segade | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1943 |
Lugar de nacemento | Monterrei |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | avogado e catedrático de universidade |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Antón Gómez Segade, nado en Monterrei o 20 de agosto de 1943, é un avogado e profesor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado e Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor Agregado en Donostia (1974), e posteriormente Catedrático de Dereito Mercantil en Valencia (1976). Dende 1981 é catedrático de Dereito Mercantil da USC. Foi un dos primeiros integrantes do Clube Nacionalista Alén Nós. En 2012 foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio Lois Peña Novo, 1998.
- Premio San Martiño de normalización lingüística, 2015.
- Premio Luís Porteiro Garea, 2018.