Victorino Gutiérrez
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Victorino Gutiérrez | |
---|---|
Nome completo | Victorino Gutiérrez Aller |
Nacemento | 3 de abril de 1937 |
Lalín | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | notario e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Victorino Gutiérrez Aller, nado en Lalín o 3 de abril de 1937[1], é un notario e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do avogado Román Gutiérrez Rodríguez e sobriño de Ramón María Aller. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Fíxose notario en 1969. Empezou a súa carreira profesional en Forcarei, e despois pasou por Celanova e Arzúa; dende 1983 foi notario de Lalín ata a súa xubilación en abril de 2007.
Foi socio fundador da Asociación Cultural Deza. Desde 1984 é membro da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística. Foi membro da Comisión Redactora da Lei do Dereito Civil de Galicia.
Obras[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Réxime económico-familiar e sucesorio na Lei de dereito civil de Galicia, 1997.
- Formulario notarial, 1998.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Acta de vítimas, 2016.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Contos da xustiza, 1992.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio San Martiño de normalización lingüística (1993)
- Premio Lois Peña Novo (1998)[2]
- Foi nomeado Fillo ilustre de Lalín en 2016.