Emilio González Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio González Fernández
Nacemento17 de abril de 1943
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpsiquiatra
editar datos en Wikidata ]

Emilio González Fernández, nado en Santiago de Compostela o 17 de abril de 1943, é un psiquiatra e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Médico especialista en Psiquiatría e doutor en Antropoloxía Social. De 1970 a 1978 exerceu de Médico Rural no Concello de Cotobade e Rodeiro. De 1970 a 1975 foi Xefe Clínico do Psiquiátrico de Conxo, coincidindo coa reforma desta institución. Fundador e Director do Centro Psicosocial de Ferrol (1976-1978). Foi psiquiatra do Hospital Clínico de Santiago e profesor asociado de Psiquiatría da Facultade de Medicina de Santiago. Experto en temas de Saúde Mental Comunitaria e de Antropoloxía aplicada á Saúde, é membro da Sección de Etnomedicina do Museo do Pobo Galego. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro de Santiago de Compostela por Unidade Galega.

Condena por abuso sexual[editar | editar a fonte]

No ano 2003 foi declarado culpable dun delito de abusos sexuais contra unha paciente, feitos ocorridos no ano 2000. En xaneiro de 2019 abriuse unha nova investigación por outra denuncia, corroborada por múltiples testemuñas de feitos similares.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • A siquiatría en Galicia (Edicións do Rueiro, 1977)
  • Espiritados: ensaios de etnosiquiatría galega (Laiovento, 1992; con Marcial Gondar Portasany)
  • Psiquiatría transcultural (coompilador; Asociación Española de Neuropsiquiatría, 2000)

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]