Consello da Avogacía Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Consello da Avogacía Galega (CAG) é o órgano que aglutina e coordina os colexios de avogados de Galicia. A el pertencen os colexios de avogados da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo. Ten as mesmas competencias ca o Consello Xeral da Avogacía Española en tanto se refiran unicamente á Comunidade Autónoma de Galicia. Entre elas, a representación da profesión, o exercicio da potestade disciplinaria e o control deontolóxico e a formación continua dos profesionais da avogacía.

Creación e traxectoria[editar | editar a fonte]

Esta Corporación de Dereito Público foi creada por Decreto 30/1993, de 3 de xuño de 1993, da Xunta de Galicia, pola que se aprobaron os seus estatutos. Aglutina, por tanto, a uns 13.500 profesionais, dos que case que 7.000 son avogados/as en exercicio.

A sede do Consello da Avogacía Galega está situada na cidade da Coruña, por ser o lugar onde ten á súa sede o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Organización e estrutura[editar | editar a fonte]

O Consello está dirixido por un pleno, ao que pertencen os decanos e decanas dos sete colexios de avogados galegos. De entre eles, designan a un Presidente. Conta ademais cunha secretaría técnica e diversas comisións para o desenvolvemento dos seus fins.

Foron Presidentes do CAG:

Actualmente ostenta a presidencia don Félix Mondelo Santos, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

No ano 2008 a Fundación Lois Peña Novo outorgou ao Consello o seu Premio "pola transcendencia dun labor corporativo eficazmente planificado de cara á extensión e mellora do uso do galego en tódolos ámbitos da administración de xustiza, así como en cada sector institucionalmente relacionado coa avogacía"[2]

Actividades[editar | editar a fonte]

Ademais das funcións tradicionais de natureza administrativa, como a tramitación e resolución de recursos en materia deontolóxica e as relacións con outras institucións e administracións, o Consello da Avogacía Galega na actualidade dedica importantes esforzos no ámbito da formación dos avogados e avogadas de Galicia, mediante o establecemento dun programa en diversas materias do exercicio profesional coma mediación, dereito de estranxeiría, procedemento penal do menor, violencia sobre a muller e deontoloxía profesional.

Ademais o Consello da Avogacía Galega apoiou desde 2006 a consecución do dominio para a cultura e lingua galega en internet .gal, formando parte do órgano de goberno da entidade promotora, a Asociación Puntogal na actualidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Melchor, Xurxo (13-4-2016). "«La Justicia necesita más jueces, y leyes con más sentido común»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15-10-2019. 
  2. Lois Peña Novo 2004

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]