Pablo Vaamonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pablo Vaamonde
Manuel Martín e Pablo Vaamonde.jpg
Nacemento1956
 A Baña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e médico
editar datos en Wikidata ]

Pablo Vaamonde García, nado na Baña en 1956, é un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudios de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, realizando a especialidade de Medicina de Familiar e Comunitaria na Coruña. Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), e presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005. Entre 2005 e 2006 foi Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas. É coordenador xeral da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), que pretende promover o uso do galego no ámbito sanitario. Actualmente exerce como médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña), tras ter traballado varios anos en Estepona.

Ten publicado artigos en El Ideal Gallego, El Correo Gallego e La Voz de Galicia, así como na revista Tempos Novos.

Iniciouse na literatura con dúas obras teatrais, estreadas nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia polo Grupo de Teatro Malveira de Cariño: A taberna (1976) e Agardando polo tren (1977).

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O fillo do emigrante, 2002, 3C3 Editores.
  • O mes de abril, 2004, Espiral Maior.
  • Luz Divina e outros retratos, 2006, Espiral Maior.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]