Rodrigo Romaní
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de xullo de 1957 Noia |
| Actividade | |
| Ocupación | músico |
| Membro de | |
| Instrumento | Arpa |
| Premios | |
| |
Rodrigo Romaní Blanco, nado en Noia o 16 de xullo de 1957, é un músico galego, membro durante 22 anos do grupo Milladoiro, profesor de música tradicional e director da orquestra folk SonDeSeu até o 2022.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Romaní formou parte do grupo Milladoiro durante 22 anos, e a partir do ano 2000 deixou o seu antigo grupo para publicar discos en solitario, nos que acostuma ter colaboracións. Publicou tres discos: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012). É profesor de arpa no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.
É un multi-instrumentalista (arpista, tamén toca a guitarra, o bouzouki e a ocarina), ademais de ser vocalista. Realizou arranxos instrumentais, ademais dalgunhas letras, do dúo Sete Saias. Creou un trío musical chamado Lizgairo, xunto a Anxo Pintos e Xosé Liz.
En 2013 foi elixido para representar a SGAE no consello territorial.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Irmán da poeta e xornalista Ana Romaní, vive en Albeida (Outes).
Discografía
[editar | editar a fonte]- Albeida (2000)
- Cantos caucanos (2003)
- As arpas de Breogán (2012)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chat con Rodrigo Romaní Arquivado 06 de xullo de 2007 en Wayback Machine.
- Vídeo musical: Albeida