Daniel García Ramos
Aparencia
Busto de Daniel García Ramos na súa localidade natal, A Baña | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de abril de 1933 A Baña |
| Morte | 23 de febreiro de 1998 Santiago de Compostela |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | xurista, xuíz, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Daniel García Ramos, nado na Baña o 16 de abril de 1933 e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1998, foi un xuíz galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi xuíz de Bande e A Estrada e despois maxistrado da Audiencia Provincial de Ourense (1984) e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990). Foi un dos impulsores do proceso de normalización lingüística na xustiza. Participou no Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (1992) e no Congreso da Cultura Galega co artigo “Situación legal do galego” (1992). Colaborou en Grial.
Obras
[editar | editar a fonte]- O réxime xurídico da lingua galega, 1990.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Contos da Xustiza, 1991.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Daniel García Ramos, a forza da palabra, documental sobre a súa figura.