Camponaraia
Camponaraia | |
---|---|
![]() |
![]() |
![]() | |
Leiras preto de Camponaraia. | |
Situación | |
![]() | |
Xentilicio[1] | naraio / -a |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de León |
Comarca | Bierzo |
Poboación | 4.096 hab. (2019) |
Área | 29,13 km² |
Densidade | 140,61 hab./km² |
Entidades de poboación | 5 |
Capital do concello | Camponaraia |
Política (2019) | |
Alcalde | Eduardo Morán (PSOE) |
Concelleiros | PP: {{{pp}}} PSOE: 8 (maioría absoluta) Outros: 3 |
Uso do galego[2] () | |
Galegofalantes | % |
Páxina web oficial | |
http://www.camponaraya.org/proyecto/index1.htm |
Camponaraia (en castelán e oficialmente: Camponaraya) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León) que cobre unha superficie de 29,13 km², na que vivían 4.096 habitantes no ano 2019, cunha densidade de poboación de 140,61 h/km². Está composto de cinco localidades: Camponaraia, Erbededo, Magaz de Abaixo, Naraiola e A Válgoma.
Toponimia[editar | editar a fonte]
Por este concello pasa o arroio da Regueira de Naraia (ou río Naraia), o cal permite deducir que o topónimo debe dividirse en dous (Campo+Naraia) e non en tres (Campo+na+raia). Esta dedución vén avalada pola ortografía e pola existencia do topónimo Naraiola, diminutivo do hidrónimo. A orixe do topónimo composto remóntase ao século XV, época na que as aldeas de Campo e Naraia, separadas polo antedito regato, se unificaron legalmente tomando o nome de ambas[3].
Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]
- Camponaraia
- Erbededo
- Magaz de Abaixo
- Naraiola
- A Válgoma
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ "Historia del Municipio de Camponaraya". camponaraya.es. Consultado o 2020-12-20.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camponaraia ![]() |