Peranzais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peranzais
Bandeira de Peranzais
Escudo de Peranzais
Castro de Chano.jpg
situación
Peranzanes - Mapa municipal.svg
Xentilicio[1]fornelo/a
Xeografía
ProvinciaProvincia de León
ComarcaComarca do Bierzo
Poboación264 hab. (2022)[2]
Área117,54 km²
Densidade2,25 hab./km²
Política (2019)
AlcaldeVicente Díaz Fernández (PSOE)
ConcelleirosPP: 1
PSOE: 6
Outros:
Uso do galego[3] ()
Galegofalantes%
editar datos en Wikidata ]

Peranzais (en castelán e oficialmente: Peranzanes) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 117,54 km², na que vivían 317 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 2,73 h/km².

No pasado, segundo a comarcalización tradicional leonesa, o territorio abranguido polo concello coñecíase como Fornela, tomando o nome do val no que se atopa, polo que corre o río Cúa.

Actualmente, na aldea de Guímara fálase un galego de transición cara ao leonés, mentres que no resto dos núcleos do concello a fala e propiamente leonesa, aínda que cunha influencia notable do galego oriental.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Os nomes das localidades indicados en letra redonda son as denominacións locais na variedade fornela de asturleonés, ás veces coincidentes coa oficial. No caso de que ningunha das formas locais coincida co topónimo oficial en castelán, este indícase en cursiva.

  • Careiseda (oficialmente Cariseda)
  • Chan (oficialmente Chano)
  • Faro
  • Fernidiellu ou Fresnedelo (topónimo oficial)
  • Guímara
  • Peranzais, Pranzais ou Peranzanes (topónimo oficial)
  • Trescastru (oficialmente Trascastro)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]