Fontesnovas, Ponferrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFontesnovas, Ponferrada
Imaxe

Localización
Mapa
 42°34′32″N 6°38′31″O / 42.575503, -6.642019Coordenadas: 42°34′32″N 6°38′31″O / 42.575503, -6.642019
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León
MunicipioPonferrada Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Altitude511 m Editar o valor em Wikidata
Creación1956 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24411 Editar o valor em Wikidata

Fontesnovas (Fuentesnuevas na súa denominación oficial) é unha vila do concello leonés de Ponferrada (capital da comarca do Bierzo), a cinco quilómetros da cidade homónima. Ten unha poboación superior aos 2.600 habitantes. Limita con Camponaraia, Cuatrovientos, Columbrianos e Cortigueira.

Historia[editar | editar a fonte]

Actualmente o idioma común é o castelán pero foi de lingua galega ata os anos 60 do século XX.

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Praza da Ermida.
  • Cruceiro.
  • Igrexa da Nosa Señora (co seu niño de cegoñas).

A vila ten os lugares da Cogolla, O Cachapón, A Costa da Eirexa, A Fonte das Perais, A Praza de Paco, A Praza da Serra, A Pista, As Parcelas e O Poboado.

A cidade deportiva de Fontesnovas consta de dous campos de fútbol. Un de herba con bancadas e iluminación artificial e o outro campo é de terra e tamén con iluminación artificial.

A vila é chá, distinguíndose nel a parte antiga da moderna co novo poboado. Na antiga pódense admirar os casaróns dos Villarino, con vans adintelados en granito e nobres balconadas, e a dos Cartuxo coa gran Balconada e portada baixo arco. Tamén se poden ver os restos do antigo convento coa súa portada e adega abovedada. Pero o monumento principal é a súa igrexa parroquial. Ten planta rectangular con cúpula encamonada ochabada sobre trompas; á beira esquerda da nave ábrese unha fermosa capela. No retablo maior destaca a abundancia de cariátides e telamóns xuntamente coas imaxes da Asunción, con rostro de ilusión, do século XVIII, e as de San Francisco de Asís e Santo Estevo, que fan a función de telamóns. No retablo lateral dereito está a Virxe das Candeas, moi delicada, con boa pintura. O Crucificado da pila da auga bendita é moi realista, quizais do século XVIII. A capela lateral da Nosa Señora da Portería ten cúpula con pintura da Última Cea sobre pendentes tamén pintadas. Foi edificada esta capela por doazón do párroco Bernardino Francisco de Losada y Quiroga en 1742. No seu retablo con columnas axerronadas está Santo Eloi. Leva ornamento de misa máis libro e custodia, xa que é patrón dos prateiros.

No novo poboado pode admirarse as polícromas vidreiras en franxas corridas aos lados da nave principal da igrexa, e sobre todo a da fachada coa Coroación da Virxe pola Santísima Trindade, obra de José Luis Sánchez.

Economía[editar | editar a fonte]

Agricultura

Posúe grandes cultivos de todo tipo de alimentos da zona. Con invernadoiros de flores e leitugas. Tamén ten grandes viñas.

Industria

Fontesnovas ten varias empresas importantes dentro da súa contorna económica. A maioría delas alóxanse no polígono de Cantalobos e os seus arredores.

Festas[editar | editar a fonte]

O día 18 de xullo ten lugar a festa do Corpus Christi, con solemne misa na Ermida do Cristo (situada no Camiño de Santiago). Nesta festa é costume merendar tenreira.

O 15 de agosto celébrase o Festival da Sardiña.

En novembro celébrase un magosto popular.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]