Museo do Bierzo
Museo do Bierzo | |
---|---|
![]() Pendón de lanzas coa Cruz de San Andrés. Inspiración da actual bandeira do Bierzo | |
Coordenadas | 42°32′43.7″N 6°35′28.7″O / 42.545472, -6.591306Coordenadas: 42°32′43.7″N 6°35′28.7″O / 42.545472, -6.591306 |
País | ![]() |
Cidade | Ponferrada |
Administrador | Concello de Ponferrada |
Inauguración | 1996 |
Na rede | |
http://www.ponferrada.org/turismo/es/museos/museo-bierzo | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo do Bierzo atópase situado en Ponferrada, na bisbarra do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León.
Historia
[editar | editar a fonte]Encóntrase situado no pazo dos Condes de Toreno, construído entre 1565 e 1572, foi pazo consistorial na época de Filipe II, vivenda do corrixidor e posteriormente antigo cárcere de Ponferrada ata o Século XVIII.
A corporación municipal do Concello de Ponferrada aprobou a súa creación en 1966. En 1984 fíxose un proxecto de remodelación do pazo dos Condes de Toreno e houbo obras de remodelación ata 1996, cando se inaugurou.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/66/L%C3%A1pida_Museo_de_El_Bierzo.jpg/220px-L%C3%A1pida_Museo_de_El_Bierzo.jpg)
Exposición permanente
[editar | editar a fonte]O museo, que conta con dúas plantas dedicadas á exposición permanente, divídese en:
Planta Baixa: Dedicada á prehistoria e aos asentamentos primitivos. Contén unha colección permanente de pezas do Paleolítico e do medievo, moitas delas orixinais e outras reproducións, e diversas salas dedicadas ao estudo do castelo de Ponferrada, cultura castrense no Bierzo, As Médulas, o Lago de Carucedo e a vida monacal no Val do Oza.
Planta Superior: Dedicada ao proceso da civilización máis actual e a forma de vida dos habitantes bercianos a partir do século XV, cunha colección numismática con pezas que van dende a Idade Media ata o século XX. e salas dedicadas á artesanía, mobiliario palaciano, cartografía, libros e unha colección de armas.
Exposicións temporais
[editar | editar a fonte]O museo ten unha cripta subterránea, que contén unha sala para exposicións temporais. Este espazo albergou múltiples exposicións de fotógrafos do Bierzo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo do Bierzo ![]() |