Burón
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Castela e León | |||
| Provincia | provincia de León | |||
| Capital | Burón | |||
| Contén a división administrativa | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 282 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 157,72 km² | |||
| Altitude | 1.092 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Porfirio Diez Casado (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 24994 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 24025 | |||
| Sitio web | aytoburon.es | |||
Burón é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 360 habitantes (INE 2011). Está situado no Parque Nacional dos Picos de Europa.
Contexto xeográfico
[editar | editar a fonte]
Burón está situado no val de Valdeburón, rodeado de montañas e cunhas paisaxes dignas de ver. Nos seus límites están os vales de Mirva, Rabanal e San Pelayo. O curso do río Esla pasa pola vila de Burón, estando situado o seu nacemento no val de Valdosín, próximo ao porto de Tarna.
Situado nunha das colas do Encoro de Riaño, uns poucos metros por riba da cota 1.100 msnm o salvaron do asolagamento, pero a igrexa e outros edificios emblemáticos tiveron que ser trasladados.
Fronte á vila de Burón pódese admirar a maxestade do pico Burín, chamado pico Yordas en Riaño. As faias e as penas do seus arredores configuran un marco de incomparábel beleza.
Localidades
[editar | editar a fonte]- Casasuertes
- Cuénabres
- Lario
- Polvoredo
- Retuerto
- Vegacerneja
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do concello Arquivado 24 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)
