Igrexa de Santa María de Vizbayo
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Igrexa de Santa María de Vizbayo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | igrexa e monumento ![]() | |||
Epónimo | Santa María ![]() | |||
Parte de | Camiño de Santiago Francés na provincia de León ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | Diocese de Astorga ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Concello | Ponferrada ![]() | |||
Localización | Otero ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 26 de febreiro de 1982 | |||
Identificador | RI-51-0004601 | |||
| ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
Identificador | 1808 | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Igrexa de Santa María de Vizbayo é un edificio de estilo románico situado na faldra do Monte Paxariel, na aldea de Otero de Ponferrada, concello de Ponferrada, bisbarra do Bierzo (provincia de León, Comunidade Autónoma de Castela e León, España).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Otero de Ponferrada rematou sendo, practicamente, un barrio de Ponferrada. O seu nome en castelán, Otero, deriva do latín 'altarium' que significa "outeiro ou sitio elevado". A primeira referencia atopámola no ano 909 na que aparece documentado como 'autero'.

A denominación Vizbayo parece provir, segundo o profesor Jesús García e García da composición en latín de 'bis' ' (dous) e 'vadium' (paso dun río ou vao) que evolucionou a "vayo". No Tumbo do Mosteiro de San Pedro de Montes aparece como: vet-vayo (1107), vezvayo (1151) e vetvayo (1154).
Descrición
[editar | editar a fonte]
As primeiras referencias encontrámolas no século XI.
Igrexa é dunha soa nave con cabeceira semicircular unida á nave por tramo recto. De estilo románico con influencias do mozárabe, é un dos edificios do Camiño de Santiago onde mellor se aprecia esa evolución do mozárabe ao prerománico e ao románico. Destacan os seus arcos de ferradura e o belo testeiro, no que se encontra unha ventá xeminada de gran beleza, rematada en arco de ferradura, a columna que a divide é curta, de base sogueada (característica do mozárabe) e capitel vexetal rudo dividido en dous corpos por unha moldura.
Accédese a través de dúas portas, unha ao norte (a que dá ao cemiterio) e outra ao sur protexida por un pórtico.
A nave esta cuberta con bóveda de canón que continua no tramo recto de acceso á cabeceira, cuberta esta, por un casquete esférico.
A construción, de reducidas dimensións é de cachotaría e perpiaño en partes nobres e contrafortes usándose como materiais a lousa e o granito.
A finais do século XVII constrúese a espadana, como noutras moitas igrexas nesa época. Posteriormente, no século XVIII realizáronse varias reformas, construíndose sancristía, pórtico, trasteira e coro. En 1916 produciuse unha lamentable derruba que afectou un tramo da bóveda próximo ao presbiterio levándose consigo a bóveda da ábsida e parte do muro norte. Dos anos máis tarde foron reparados nunha obra penosa, que segundo o historiador José María Luengo "se fixo sen sentido, e tan inhábiles foron os albaneis que o muro que fixeron non empalma co antigo, senón que se desvía cara a dentro, na parte superior, preto de 30 cm[1].
A finais da década dos 70 do século XX, o cura párroco da igrexa mandou realizar outras penosas reformas, situando un muro de formigón pegado á igrexa e un peche en materiais modernos que a día de hoxe perduran afeando o conxunto.
Unha das tradicións máis antigas era a romaxe que se realizaba cada 15 de agosto, festividade da Asunción da Nosa Señora A Virxe María, á que acudían numerosos ponferradinos e bercianos bordeando a faldra do Monte Paxariel (monte no que se atopa Otero), sendo típica a merenda na que era protagonista a sandía e o melón. Esta tradición foi abandonándose e, aínda que nos anos 80 do século XX se intentou recuperar, rematou por abandonarse.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Bierzo. Luis Pastrana Giménez. 1981. ISBN 84-241-4912-2
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santa María de Vizbayo ![]() |