La Bañeza
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Castela e León | |||
| Provincia | provincia de León | |||
| Capital | La Bañeza | |||
| Contén a división administrativa | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 10.195 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 19,71 km² | |||
| Altitude | 772 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | José Miguel Palazuelo Martín | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 24750 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 987 | |||
| Código INE | 24010 | |||
| Sitio web | aytobaneza.es | |||
La Bañeza é un concello español da provincia de León, na zona noroccidental da comunidade autónoma de Castela e León. Capital da comarca de Tierra de La Bañeza, ao sopé da serra do Teleno. É tamén cabeza de partido xudicial. A súa poboación é de 10.068 habitantes (INE, 2021).
Zona de asentamento ástur, o seu territorio foi parte do Conventus Asturum durante a dominación romana. A poboación xurdiu por orde do Conde Gatón no século IX, a partir de dous núcleos, San Pedro de Périx e Bani Eiza. Sede dun Marquesado durante a Idade Moderna, a finais do século XIX comezou a súa transformación económica e urbana, dando lugar a un dos núcleos máis importantes da provincia.
Dentro da súa actividade económica destaca a industria alimentaria, grazas á presenza da azucreira, e o sector servizos, debido á súa posición como importante centro comarcal. Ao longo do ano teñen lugar varias celebracións de notable participación cidadá, como o Entroido, a Semana Santa e as festas patronais, durante as cales se celebra unha das poucas carreiras urbanas de motociclismo existentes en España.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do concello Arquivado 21 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)
