Marco Morala
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1971 (53 anos) Ponferrada, España |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Marco Antonio Morala López, nado en Ponferrada o 12 de febreiro de 1971, é un avogado e político berciano do Partido Popular.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito e traballou como avogado nun bufete de Ponferrada, fíxose coñecido no exercicio da súa profesión por lograr sentenzas favorables aos demandantes no caso das preferentes bancarias[1]. Confrade da Real Irmandade de Xesús Nazareno de Ponferrada foi o seu mordomo entre 2011 e 2019[2] e houbo renunciar para encabezar a candidatura do Partido Popular ao concello de Ponferrada nas eleccións municipais dese ano. O seu partido quedou en segundo lugar e Morala entrou como concelleiro na corporación municipal. Nas eleccións municipais de 2023 volve liderar a lista do PP en Ponferrada[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Partido Popular estrecha las opciones para candidato en Ponferrada con el abogado Marco Morala como ‘avanzado’". InfoBierzo. 10 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Marco Morala renuncia a su cargo en la Real Hermandad de Jesús Nazareno". León Noticas. 28 de xaneiro de 2019.
- ↑ "El PP designa a Marco Morala como candidato a la alcaldía de Ponferrada". El Bierzo Digital. 17 de xaneiro de 2023.