Egatel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°17′45″N 7°48′11″O / 42.29597, -7.80307

EGATEL
Egatel Ourense W3C.svg
Egatel Telecoruña.jpg
TipoSociedade Limitada
Fundación1992
MatrizComsa Emte
LocalizaciónAvda. de Ourense, n1 Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense Galicia Galicia
Persoas claveJavier Taibo, Director
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosElectrónica
Telecomunicacións
DVB
Páxina webegatel.es

Egatel é unha empresa galega de telecomunicacións fundada en 1992 e con sede en Ourense, no Parque Tecnolóxico de Galicia. Actualmente é propiedade de Comsa-Emte.

Egatel fabrica, deseña, instala e mantén infraestruturas de telecomunicacións profesionais para televisión e radio analóxico e dixital terrestre DVB-T tanto en España como fóra, principalmente para Abertis.

En Galiza, Retegal emprega os seus equipos para distribuír os sinais da CRTVG a toda Galiza.

Historia[editar | editar a fonte]

Microondas de Egatel en Telecoruña, Pocomaco (A Coruña).

Egatel fúndase en 1992 primeiro como fabricante de aparellos de recepción de tv satélite domésticos e despois como fabricante de microrepetidores analóxicos. En 1994 trasladase ao seu emprazamento actual. En 1995 consegue as primeiras homologacións para traballar en equipamento profesional para Abertis. En 1996 entra no accionariado Unión Fenosa con IPT. En 1996 é o principal subministrador de equipamento dixital para AbertisTelecom en España. En 1999 inaugura a sede actual. En 2002 subministra o equipamento dixital para Quiero TV. En 2004 entra no mercado internacional subministrando equipamento de transmisión de 10KW de potencia analóxica. En 2005 entra a formar parte de Emte. En 2008 abre en Madrid departamento comercial propio. En 2009 Emte e Comsa fusiónanse. En 2010 subministra máis de 800 transmisores dixitais de media potencia e máis de 3000 microtransmisores e microreemisores dixitais de baixa potencia de televisión dixital.

Produtos[editar | editar a fonte]

  • Transmisores de Tv
    • Analóxicos
    • Dixitais
  • Transmisores de radio
    • Analóxicos
    • Dixitais

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]