Deseño interior
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
O deseño interior, deseño de interiores ou interiorismo é a disciplina proxectual involucrada no proceso de conformar a experiencia do espazo interior, coa transformación do volume espacial e o tratamento das superficies.
Non debe ser confundido coa decoración interior, o deseño interior indaga en aspectos da psicoloxía ambiental, a arquitectura, e do deseño de produto, alén da decoración tradicional.[1]
O deseño interior é unha práctica creativa que analiza a información programática do espazo, establece unha dirección integral do concepto e elabora documentos gráficos de comunicación e de construción.
Campo de acción da profesión
[editar | editar a fonte]Os deseñadores de interiores poden realizar algunha ou todas as actividades seguintes, entre outros deberes e responsabilidades:
- Investigar e analizar a disposición e descrición detallada do proxecto.
- Desenvolver a documentación do contrato para facilitar a taxación, consecución e instalación dos mobles.
- Proporcionar os servizos de xerencia de proxecto, incluíndo a preparación dos orzamentos e o cronograma de proxecto.
- Elaborar os documentos de construción tales coma planos, elevacións, detalles, especificacións para ilustrar os varios elementos conceptuais, incluíndo as disposicións e localizacións do tendido de enerxía e comunicacións, as localizacións non-estruturais ou non-sísmicas, do teito, deseño de iluminación, as disposicións dos mobles e os materiais.
- Elaborar os documentos de construción que se adhiren aos códigos rexionais sobre materiais ignífugos, os códigos municipais e calquera outros estatutos, regulacións e pautas xurisdicionais que se apliquen ao espazo interior.
- Coordinar e colaborar cos profesionais aliados ao deseño incluíndo quen proporcionan os servizos adicionais para o proxecto de deseño, pero non limitado aos arquitectos, os enxeñeiros estruturais, os enxeñeiros industriais e os enxeñeiros eléctricos, ademais de varios consultores especializados involucrados no proxecto de deseño.
- Confirmar que os documentos para a construción non-estrutural ou non-sísmica son asinados e selados polo deseñador interior responsable, como aplicable para satisfacer os requisitos xurisdicionais e códigos oficiais.
- Administrar como axente os documentos, as ofertas e as negociacións do contrato co cliente.
- Observar e divulgar a información sobre o progreso e a terminación do proxecto do deseño, ademais de conducir a avaliación da post-ocupación e de preparar informes da post-ocupación a nome do cliente.
- Planear, proxectar, organizar, dirixir, inspeccionar, fiscalizar, reparar, restaurar e orzar as obras seguintes:
- O deseño e decoración dos interiores de edificación.
- Arranxos de fachadas e frontes como extensión do interior, que non afecten arquitectonicamente á edificación e limitada pola propiedade obxecto da modificación ou reforma. Para estas modificacións de fachadas será necesario o consentimento por escrito do arquitecto da obra.
- Exhibicións e exposicións.
- Mobiliario e complementos decorativos.
- Xardinaría de interiores e residenciais
- Elaborar e emitir informes, avaliacións e peritaxes de todo o concernente ao deseño e decoración de interiores.
- Profesar en centros de ensino as materias propias da profesión de Deseño.
Especializacións
[editar | editar a fonte]Os deseñadores de interiores pódense especializar nunha determinada disciplina de deseño interior, como o deseño residencial e comercial, desenvolvendo así varias habilidades e áreas especializadas de deseño como a hospitalización, o coidado da saúde e o deseño institucional. En xurisdicións onde a profesión está regulada polo goberno, os deseñadores deberán posuír extensas cualificacións e demostrar a súa competencia en todos os ámbitos da profesión, e non só nunha especialidade. Os deseñadores de interiores que tamén posúan unha especialidade ambiental no deseño de solucións, para construcións sustentables poderán obter unha acreditación para este ámbito presentándose ao exame do Leadership in Energy and Environmental Design (LEDE).
O único límite das áreas de especialidade que engloban aos deseñadores de interiores é a imaxinación e continuamente están a crecer e evolucionando.[2] Co aumento do crecemento da poboación, un obxectivo en alza atópase no desenvolvemento de solucións para mellorar a contorna doméstica da poboación anciá, tendo en conta os problemas de saúde e de accesibilidade que poden afectar o deseño. Está a tomarse cada vez máis conciencia en habilitar os espazos interiores para crear cambios positivos na vida das persoas, polo que o deseño interior converteuse tamén en relevante para este tipo de apoio.
Proceso de deseño
[editar | editar a fonte]Independentemente do tipo de construción o proceso de deseño é similar. O primeiro paso é determinar os obxectivos do cliente, prazos e orzamento. Un obxectivo final pode ser mellorar os ingresos do cliente - mesmo nos fogares terase en conta o valor de revenda da casa. O deseñador presenta logo unha proposta que esboza o concepto de deseño e o custo para realizalo. Especifícase se ademais do deseño se procuraran mobiliarios, bens ou a dirección e xestión de obra, e diferéncianse os custos ou marxes destes servizos. Precísanse esbozos do deseño antes de proceder a realizar calquera traballo, estudos con certo detalle do espazo existente. O primeiro paso unha vez encargado o proxecto será a creación destes debuxos.
Hoxe os deseñadores utilizan o deseño asistido por computador (planimetría CAD), a pesar de que os bosquexos feitos a man son aínda valorados pola súa personalidade e posibilidades comunicativas. O CAD é un programa usado para expresar solucións de deseño realista en vistas desde varios ángulos. Este programa optimiza o traballo e reduce moitas horas de debuxo a man.
Tras o estudo e traballo de debuxo, os conceptos iniciais son presentados ao cliente para a súa aprobación. De se aprobase realízanse os planos de planta e, a continuación, as especificacións detalladas das modificacións, acabados e mobiliario. É probable que as portas, xanelas e paredes sexan re-situadas. Por outra banda, é de grande importancia o enfoque á construción - polo que o exterior considérase sempre xunto co deseño de interiores, posibelmente en colaboración directa co arquitecto.
Moitas especificacións de deseño incluiranse nun paquete de oferta que en última instancia serán utilizados por unha construtora para realizar o deseño do cliente. A etapa de deseño en sitio pode prolongarse varios meses despois de completado o deseño.[3]
Deseñadores notables
[editar | editar a fonte]Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Entre os deseñadores de interiores máis relevantes pódense citar a Owen Jones, William Morris, Candace Wheeler, Elsie de Wolfe, Syrie Maugham, Dorothy Draper, Sibyl Colefax, Pierre François Léonard Fontaine, Margery Hoffman Smith.
Moitos dos deseñadores do século XX non tiñan unha formación específica. Entre eles menciónanse a Sister Parish, Robert Denning e Vincent Fourcade, Kerry Joyce, Kelly Wearstler, Stéphane Boudin, Georges Geffroy, Emilio Terry, Carlos de Beistegui, Nina Petronzio, Lorenzo Mongiardino, Bustper DS, e David Nightingale Hicks.
Outros deseñadores notables da actualidade son Scott Salvator, Jonathan Adler, Michael S. Smith, Martin Brudnizki, Kelly Hoppen, Kelly Wearstler, Andrew Martin International, Nina Campbell, David Collins, Nate Berkus, Sandra Espinet, Jo Hamilton e Nicky Haslam, Marialexandra Castro Salazar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «La psicología del color para el diseño de interiores – Diseño interior, noticias de diseño y tendencias de arquitectura» Arquivado 17 de novembro de 2016 en Wayback Machine.. designlike.com. Consultado el 19 de octubre de 2016.
- ↑ Debate. "La influencia del decorador de interiores en las redes sociales". Consultado o 7 de febrero de 2019.
- ↑ Muebles de casa completos: El minorista en Londres del siglo XIX como diseñador
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deseño interior |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Colección de debuxos de deseño interior dixitalizados na Biblioteca Digital Hispánica da Biblioteca Nacional de España