Penda
Penda | |
---|---|
![]() | |
Reinado | c. 626-655 |
Nome completo | Penda de Mercia |
Nacemento | c. 606 |
Falecemento | 15 de novembro de 655 |
Predecesor | Cearl de Mercia |
Sucesor | Peada de Mercia |
Cónxuxe/s | Cynewise |
Proxenitores | Pybba de Mercia |
Na rede | |
![]() | |
Penda de Mercia, finado o 15 de novembro de 655[1], foi un rei de Mercia, reino situado no que hoxe constitúen as actuais Midlands inglesas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Penda era un rei pagán nunha época na que o cristianismo estaba a se estender por moitos dos reinos anglosaxóns. Participou na derrota do poderoso rei de Northumbria, Edwin, na batalla de Hatfield Chase en 633.[2] Nove anos máis tarde, derrotou e acabou coa vida do sucesor de Edwin, Oswald de Northumbria, na batalla de Maserfield. A partir desa vitoria Penda podería ser o máis poderoso gobernante anglosaxón da época.
Derrotou a Anglia Oriental, obrigou ao rei Cenwalh de Wessex a se exiliar durante tres anos, e continuou a guerra contra os bernicianos de Northumbria. Trece anos despois da vitoria de Maserfield, sufriu unha esmagadora derrota na batalla de Winwaed ao final dunha campaña contra os bernicianos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O Manuscrito A da Crónica anglosaxoa ofrece este ano e especifica unha data exacta, o 15 de novembro.
- ↑ O ano 633 é o que ofrece a Crónica anglosaxoa.