Saltar ao contido

Aethelheard de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAethelheard de Wessex
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Mortec. 740 Editar o valor en Wikidata
Rei de Wessex
726 – 740
← Ine de WessexCuthred de Wessex → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Wessex (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFridogida Editar o valor en Wikidata
IrmánsCuthred de Wessex
Etelburga de Wessex Editar o valor en Wikidata

Aethelheard de Wessex, finado en 740, foi rei de Wessex desde 726 até a súa morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É posible que fose cuñado do seu predecesor, Ine, pero non hai fontes fiábeis que aseguren tal cousa, polo que tamén se abre a posibilidade de que sexa o primeiro rei de Wessex sen relación familiar con Cynric.

Cando Ine abdicou e marchou a Roma en 726 non deixou un descendente claro, e segundo textos de Beda o Venerable simplemente deixou o seu reino en mans de "homes máis novos"[1]. Así, tras a súa marcha iniciouse unha disputa entre Aethelheard e outro candidato, Oswald, que parece ser que tiña uns dereitos sobre o trono máis firmes que os de Aethelheard, pois a Crónica anglosaxoa sinala que era descendente de Ceawlin, mentres que este último, a pesar de acceder finalmente ao trono, non[2].

É posíbel que Aethelbald de Mercia lle dese o seu apoio nesta sucesión na que Aethelheard se impuxo finalmente, pois logo ambos aparecen vinculados. En calquera caso, Aethelbald tomou considerábeis territorios de Wessex en 733, incluíndo a señoría real de Somerton.

A muller de Aethelheard, Frithugyth, fixo unha peregrinación a Roma en 737, segundo sinala a Crónica anglosaxoa.

  1. Frank Stenton
  2. ASC